Skip to Content

XA ABONDA

 

                nov07eu.jpg Rosa S. Redondo

Abonda

Xa abonda de poemas.

Nunca máis ningún simposio, ningunhas xornadas, ningún certame,

Nin libros, nin artigos, nin cotas.

Nin ximnasios curves, nin arrobas,

Nin cores lilas, nin chapas, nin hormonas …

Nada de coartadas.

Para min non quero nin andeis nas bibliotecas,

Nin premios, nin accésits, nin parvadas.

Non quero ir diante nin quedar detrás.

Non quero que me regaledes nada.

Daquela, nacín coxa?

Manca? Impedida? Muda?

Muda non: escoitade ben o meu torgo!

Ten forza para chegar ó fondo do mercado,

Do bar, da aula, do hemiciclo, do xulgado,

Do auditorio e do estadio.

Abonda!

 Non escribades máis o meu nome en maiúsculas.

Non faledes de min como se fose unha.

Son unha, e dúas, e tres, e tres mil ,e tres mil millóns.

Son rica e son pobre,

Son culta e analfabeta,

Agredida e agresora,

Explotada e explotadora

Coidada por coidadoras,

Cantas veces amordazada e cantas outras sedutora,

Fun invisible, si.

Agora que case todos me ven,

Deixádeme soa.

 Pensaredes que son soberbia!

Soberbia , si .

 E poderosa.

 

                                      

                                            Rosa Suárez Redondo

                                        Profesora de Inglés do IES "Félix Muriel"



story | by Dr. Radut