Skip to Content

CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA RIVEIRA

 

CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA RIVEIRA

 

http://lh3.ggpht.com/_u_utF6DIrUY/TJYRu8uZtXI/AAAAAAAAAfg/i5JKtZh_bMY/%C3%81lvaro%20Cunqueiro_thumb%5B2%5D.jpg?imgmax=800Amor de auga lixeira,
muiñeira
Amor de auga tardeira,
ribeira.
Amor de auga frolida,
cantiga.
Amor de auga perdida,
ña amiga.
Con auga de sede vella
namorar eu namoreina,
meu amigo!
Con unha herba lixeira
namorar eu namoreina,
meu amigo!
Namorar eu namoreina
con unha cantiga leda

 

meu amigo!
Namorar eu namoreina
con áer da primaveira,
meu amigo!
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.

 

Quén poidera namorala,
meu amigo! 

 

                                                      Álvaro  Cunqueiro, 1911-1981

 



story | by Dr. Radut