Skip to Content

"LONGA NOITE DE PEDRA"

 

http://ocio.farodevigo.es/img_contenido/agenda-media/2012/05/5132/22122308__275x250.jpgO teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,

as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
                

                   Celso Emilio Ferreiro, 1912-1979

http://1.bp.blogspot.com/_hIKxXyp3ieg/TMyejlwNWVI/AAAAAAAABaA/r8MllXZqlPY/s1600/MURAL+111.jpg

 



story | by Dr. Radut