Skip to Content

"CANTIGA"

 

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Curros_-_henriquez.jpg/200px-Curros_-_henriquez.jpgCANTIGA
No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
“Xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben.”
Os seus ecos de malencolía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
“Vou morrer e non vén o meu ben”.
Lonxe dela de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
“¡Quen pudera dar volta, pensaba,
quen pudera convosco voar!...”
Mai as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
“¡Quen pudera convosco voar!”
Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...
Dun amor celestial, verdadeiro,
Quedou sólo, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.

 

                                    M. Curros Enríquez, 1851 -1908

 

                           

 



story | by Dr. Radut