Skip to Content

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2024-2025

 

 

Dende o 21 de maio e ata o 21 de xuño de 2024 está aberto o prazo para presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B).

Hai dúas vías para facelo:

-Presencialmente no IES, recollendo o impreso de solicitude en conserxería (ou descargalo dende esta ligazón) e, unha vez cuberto entregándoo en administración. 

-Na sede electrónica da Xunta de Galicia presentando a solicitude no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&numPubAno=1&lang=es 

 

As familias que non leven a cabo este procedemento NON TERÁN DEREITO aos libros do fondo solidario de libros do instituto. 

Máis información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

CALENDARIO PROBAS FINAIS CURSO 2023-2024 CM "Guía no medio natural e tempo libre"

CALENDARIO EXAMES FINAIS CICLO MEDIO “ Guía no medio natural e de tempo libre”

MÓDULOS 1º CICLO MEDIO

DATA PROBA FINAL

MP1340 - Formación e orientación laboral

Final: 20/06/2024 de 10:50-12:30

Pendente 1º: 21/06/2024 de 09:40-11:20

MP1334 - Guía de bicicleta

12/06/2024 e 19/06/2024

MP1339 - Manobras con cordas

17/06/2024

Teoría: 08:50h  - Práctica: 12:50h

MP1325 - Técnicas de equitación

11/06/2024

MP1329 - Organización de itinerarios

06/06/2024

MPI015 - Lingua estranxeira profesional I

14/06/2024

MP1336 - Técnicas de natación

04/06/2024

MP1335 - Técnicas de tempo libre

14/06/2024

MÓDULOS 2º CICLO MEDIO

DATA PROBA FINAL

MP1328 - Atención a grupos

14/06/2024

MP1341 - Empresa e Iniciativa Emprendedora

31/05/2024 de 09:40 a 11:20

MP1333 - Guía de baixa e media montaña

19/06/2024

MP1327 - Guía ecuestre

18/06/2024

MP1338 - Guía no medio natural acuático

17/06/2024

Teoría: 10:30h  - Práctica: 11:50

MPI016 - Lingua estranxeira profesional II

Sen suspensos

MP1337 - Socorrismo no medio natural

Teoría: 18/06/2024

Práctica: 21/06/2024

CALENDARIO 2023-2024 DE PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE CM "Guía no medio natural e tempo libre"

CALENDARIO PROBAS LIBRES

CICLO MEDIO “ Guía no medio natural e de tempo libre”

MÓDULOS 1º CICLO MEDIO

DATA PROBA

LUGAR

 

MP1340 - Formación e orientación laboral

14/06/2024

De 09:40 a 11:20

IES DE POIO

Aula 2º CM

 

MP1334 - Guía de bicicleta

19/06/2024

Proba teórica: 09:00 h

Práctica:logo de superada a teoría

IES DE POIO

 

MP1339 - Manobras con cordas

17/06/2024 ás 08:50h

IES DE POIO

 

MP1325 - Técnicas de equitación

Teórica: 04/06/2024 ás 15:30 h

Práctica: 06/06/2024 ás 11:30 

As dúas probas en HÍPICA O MARRUXAL (Samieira)

 

MP1329 - Organización de itinerarios

13/06/2024

Teórica e práctica: 08:30 a 10:30

IES DE POIO

 

MPI015 - Lingua estranxeira profesional I

07/06/2024

De 10:50 a 12:30

IES DE POIO

 

MP1336 - Técnicas de natación

18/06/2024

Práctica: 08:30h

Teórica: 11:00 h

 

Piscina BeOne Campolongo

IES DE POIO

 

MP1335 - Técnicas de tempo libre

13/06/2024

Teórica e práctica: 12:50 a 14:30

IES DE POIO

 

MÓDULOS 2º CICLO MEDIO

DATA PROBA FINAL

LUGAR

 

MP1328 - Atención a grupos

07/06/2024

Teoría: 11:00 h

Práctica: 13:00 h

IES DE POIO

 

MP1341 - Empresa e Iniciativa Emprendedora

21/06/2024

De 09:40 h a 11:20 h

IES DE POIO

(Aula 2º CM)

 

MP1333 - Guía de baixa e media montaña

11/06/2024 ás 08:50h

 IES DE POIO

 

MP1327 - Guía ecuestre

Teórica: 14/06/2024 ás 15:30 

Práctica: 16/06/2024 ás 11:30

As dúas probas en HÍPICA O MARRUXAL (Samieira)

 

MP1338 - Guía no medio natural acuático

17/06/2024

Teórica: 08:50 h 

Práctica: 11:30 h (se supera a teoría)

 

 

IES DE POIO

PRAIA DE COMBARRO (ao lado do clube de piragüismo)

 

MPI016 - Lingua estranxeira profesional II

14/06/2024

De 10:50 a 12:30

IES DE POIO

 

MP1337 - Socorrismo no medio natural

Teórica: 11/06/2024 ás 11:00

Práctica: 18/06/2024 ás 12:00 

 

IES DE POIO

PISCINA DE PORTONOVO E PRAIA DE BALTAR

 

BOLSAS NEAE DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA O CURSO 2024-2025

 

 

 

Ábrese o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). 

As persoas beneficiarias destas axudas serán as que presenten:

 - Discapacidade 

 - TDAH con discapacidade asociada

 - Trastorno grave de conduta

 - Trastorno grave da comunicación e da linguaxe

 - Trastorno do Espectro Autista (TEA)

 - Altas Capacidades

 

A convocatoria das becas atópase na seguinte ligazón: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2024-14197

 

Prazo: do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024, ambos incluidos.

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS

  

2º de Bacharelato e pendentes de 1º de Bacharelato

 

Reclamacións no centro

Convocatoria ordinaria: os días 20 e 21 de maio de 2024 .

Convocatoria extraordinaria: os días 17 e 18 de xuño de 2024.

 

Reclamacións ante a Xefatura Territorial

Convocatoria ordinaria: os días 23 e 24 de maio de 2024.

Convocatoria extraordinaria: os días 20 e 21 de xuño de 2024.

 

 

 

A normativa de referencia é a seguinte:

• Instrución 10/2023 da D.X. de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen para o

curso 23/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo

curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

• Ordes polas que se establecen a ordenación e ou currículo e se regula a avaliación das

distintas etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos

centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

INSTRUCCIÓNS PARA PREMATRÍCULA ABAU 2024

 

Por mor da festividade do 17 de maio e sendo o 20 de maio día non lectivo escollido polo centro os prazos para prematrícula, pagamento de taxas e recollida de documentación son moi curtos.

Procedementos e horarios:

15 de maio

Enviar correo a ies.depoio@edu.xunta.gal cos seguintes datos: número de móbil do estudante e correo electrónico do estudante

As notas publicaranse por Abalar Móbil ás 20:00h.

16 de maio

  • A primeira hora da mañá as persoas que se vaian presentar á ABAU pasan por secretaría  para recoller o documento de pago de taxas do título de bacharelato (este documento se lle entrega no centro) e o de pagamento das taxas da ABAU (este documento poden traelo xa cuberto, pode descargarse dende esta mesma publicación)
  • De 11:00 a 14:00 entregarase en secretaría a seguinte documentación:
    • Xustificante de pago do título e das taxas da Abau
    • Documento de prematrícula cuberto e asinado (pode descargarse dende esta publicación)
    • Fotocopia DNI estudante
    • No seu caso:

-título de familia numerosa

-certificado de persoal universitario

-certificado de discapacidade >33%

-resolución administrativa acto de terrorismo ou violencia de xénero

-resolución do INSS como persoa beneficiaria da prestación do ingreso mínimo vital

  • A partir das 18:00 pasar de novo pola secretaría do centro para recoller e comprobar a documentación de matrícula.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CURSO 2023-2024

 

 

A Consellería convocou os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311A).

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.

Máis información picando aquí

AXUDAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

 

Publicada a corrección de erros na listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo a Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 12/02/24).
As listaxes pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/.

II CUMIO DO CLIMA NO IES DE POIO

 

Xa temos listo o programa de actividades do  II Cumio do clima do IES de Poio que se celebrará no noso centro entre o 18 e o 22 de marzo.

Resultado de meses de traballo e esforzo por parte do alumnado e o profesorado participante, é un momento moi especial para o centro no que nos reafirmamos na vontade de buscar unha aprendizaxe significativa e transformadora para o alumnado.

Este ano, o alumnado de 2º ESO fará presentacións sobre as causas e consecuencias do cambio climático, mentres que o de 3ºESO A, B e PDC e 4ºESO A levará a cabo unha feira divulgativa sobre alimentación sostible. Ademais, alumnas de 2º de bacharelato serán as encargadas de dinamizar os obradoiros de elaboración de xabóns e reciclaxe de roupa.

Igual que o ano pasado contaremos coa colaboración do @ceidagalicia que fará un obradoiro sobre a pegada ecoloxica, Sotavento que formará ao noso alumnado sobre as enerxías renovables e o aforro enerxético e,@adega_ecoloxismo que levará a cabo un taller sobre os tóxicos no fogar e as alternativas ecolóxicas que podemos empregar.

A inauguración estará a cargo de @amasamebakery que despois de falar do seu modelo de negocio sostible, fará obradoiros de cata de pan co alumnado, e a clausura a levará a cabo o responsable de I+D e sostibilidade de @SETGA.

Todas estas actividades, e algunhas máis, as tedes detalladas no programa picando na seguinte imaxe:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut