Skip to Content

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO

  • MÉRCORES 6 DE SETEMBRO

Entrega dos lotes de libros do alumnado de 2º ESO

  • VENRES 8 DE SETEMBRO

Entrega dos lotes de libros do alumnado de 4º ESO e do alumnado de 1ºESO e 3º ESO que non os recolleu en xullo.


Os vales para adquirir material escolar pendentes tamén se entregarán nas datas indicadas para cada nivel. 

O alumnado da ESO recibirá tamén unha axenda escolar o primeiro día de curso. 

Tanto os vales para adquirir material escolar como os lotes de libros serán entregados unicamente á persoa solicitante ou, no seu defecto, a unha persoa maior de idade autorizada pola solicitante por escrito

SOLICITUDE DE CERTIFICACIÓNS DURANTE O MES DE AGOSTO

 

Por mor das vacacións do persoal de administración, durante o mes de agosto a solicitude de certificacións académicas farase a través do correo electrónico do instituto:  ies.depoio@edu.xunta.gal      

Será necesario indicar no corpo do correo os datos persoais (nome e apelidos así coma DNI da persoa solicitante), a etapa da que solicita a certificación (ESO ou Bacharelato) e a lingua na que desexa a certificación (galego ou castelán).

A certificación remitirase á mesma dirección de correo electrónico dende a que se fixo a solicitude. En caso de querela en papel, deberá indicalo na solicitude e deberán achegarse a recollela ó centro educativo en horario de 9:30 a 13:30 unha vez se lle comunique que xa está dispoñible.

RECOLLIDA DOS VALES PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Os vales para adquirir material escolar serán entregados unicamente á persoa solicitante.

No caso de que a persoa solicitante non poida acudir ao centro nas datas indicadas para cada nivel e dentro do horario de atención ao público (09:30-13:30), poderá autorizar por escrito a unha persoa maior de idade para que recolla o vale no seu nome.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL Curso 2023-24

DATAS DAS PUBLICACIÓNS DAS LISTAXES, ENTREGAS DOS VALES E ENTREGAS DOS LIBROS
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO 09:30-13:30

12 xullo

Publicación da listaxe provisional (nº de exemplares adxudicados) de solicitudes admitidas e excluídasPódese consultar no taboleiro de anuncios do centro educativo ou na aplicación de Fondo Libros (con chave365 ou certificado dixital).

13 xullo

Entrega vales material para 2º ESO (apelidos A-L) Entrega dos libros en setembro

14 xullo

Entrega vales material para 2º ESO (apelidos M-Z) Entrega dos libros en setembro

17 xullo

Entrega vales material para 4º ESO (apelidos A-L) Entrega dos libros en setembro

18 xullo

Entrega vales material para 4º ESO (apelidos M-Z) Entrega dos libros en setembro

26 xullo

Publicación da listaxe definitiva (materias adxudicadas) de solicitudes admitidas e excluídas.

26 xullo

Entrega vales e libros 1º ESO (apelidos A-L)

27 xullo

Entrega vales e libros 1º ESO (apelidos M-Z)

28 xullo

Entrega vales e libros 3º ESO (apelidos A-L)

31 xullo

Entrega vales e libros 3º ESO (apelidos M-Z)

 
 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Achégase a listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024.

INFORMACIÓN E CALENDARIO DE ADMISIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL. CURSO 2023/2024

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Ademais, nesta ligazón pode atoparse máis información sobre o calendario de admisión así como as listaxes do procedemento de admisión.

Distribuir contido


by Dr. Radut