Entrega de lotes de libros do alumnado de 2º PMAR e de 2º ESO e 4º ESO que non os recolleu en xullo. O alumnado de 4º ESO que recibiu incorrectamente os libros de Lingua Galega e Literatura tamén pode vir nesta data*.
Entrega de lotes de libros do alumnado de 1º ESO.
Entrega dos lotes de libros do alumnado de 3º ESO.
Os vales de material pendentes tamén se entregarán nas datas indicadas para cada nivel.
O alumnado da ESO recibirá tamén unha axenda escolar o primeiro día do curso.
*Ante as dúbidas que poidan xurdir, informamos de que é moi pouco o alumnado de 4º ESO que recibiu incorrectamente os tomos de Lingua Galega e Literatura. A entrega correcta é a seguinte: tres tomos de Lingua Galega e Literatura divididos por trimestres (do 1 ao 4, do 5 ao 8 e do 9 ao 12). Se a entrega non se fixo deste xeito é cando deben achegarse ao centro o venres 2 de setembro pola mañá.