No curso 2017-2018 o departamento de Latín e Grego desenvolveu dous proxectos eTwinning
“Building linguistic bridges: from Classical to Modern languages” é un proxecto eTwinning desenvolvido entre o IES de Poio e o Experimental Lyceum of Agioi Anargyroi en Atenas. No centro galego foi un proxecto interdisciplinar entre os departamentos de Grego, Tecnoloxía e dinamización lingüística no que participou alumnado de 1º de bacharealto e 4º da ESO. Consistíu nun curso en liña de español e grego moderno completamente deseñado, implementado e avaliado polo alumnado. Os estudantes galegos e gregos produciron todos os materiais e, partindo do seu coñecemento das linguas clásicas, cada grupo de traballo internacional ensinou a súa lingua aos seus compañeiros do outro instituto. O inglés foi a lingua de comunicaión.
O coñecemento e o aprecio por unha herdanza cultural compartida servíu de base para o diálogo intercultural antre as nosas comunidades escolares.
O noso proxecto buscou mellorar a competencia lingüística e dixital do alumnado. Éste desenvolveu o seu coñecemento das linguas clásicas para converterse en bos ensinantes de linguas modernas para os seus compañeiros.
Estas son as ligazóns á páxina web do proxecto e ao espacio de traballo colaborativo, o twinspace:
https://buildinglinguisticbridges.weebly.com/
https://twinspace.etwinning.net/52627
“Familia Europaea” é un proxecto eTwinning desenvolvido por alumnado de Estremadura, Polonia, Alemaña e Italia no que particpou tamén alumnado de Latín de 4º de ESO do IES de Poio. Estivo enfocado a traballar os primeiros 8 capítulos do manual Lingua Latina Per Se Illustrata con actividades colaborativas entre alumnado europeo.
O seu obxectivo principal foi a experimentación da interrelación de metodoloxías activas como a gamificación, a aprendizaxe baseada en problemas, a aprendizaxe colaborativa, entre outras, co método inductivo contextual propio de LLPSI. Moitas das actividades realizáronse en contextos intrdisciplinares, coa participación doutras aŕeas.
Buscouse a mellora en competencias clave, inicdiendo especialmente en Competencia Lingüística, Competencia dixital, Aprender a aprender, la Competencia social e cívica, así como a Competencia en conciencia e expresión cultural.
Outro dos obxectivos do noso proxecto foi promover o uso da plataforma eTwinning entre o profesorado de Clásicas.
Ligazóns ao proxecto
-Twinspace: https://twinspace.etwinning.net/48179/home
Páxina web: https://jerrymont.wixsite.com/etfamiliaeuropaea
-Blog : https://etfamiliaeuropaea.blogspot.com/
No curso 2016-2017 o alumnado de Latín de 1º de bacharelato desenvolveu o proxecto eTwinning
Delirant isti eTwinniensis Romani!!!
Blog
Twinspace
Páxina web
Aquí podedes atopar os enlaces á informacion sobre diferentes
proxectos eTwinning desenvolvidos no IES de Poio desde o curso 2009-2010.
Neste tempo o noso centro ten acadadas as seguintes distincións:
-PREMIOS:
- Premio Europeo eTwinning, no ano 2010
- Premio Nacional eTwinning, no ano 2012
- Premio Nacional eTwinning, no ano 2014
- SELOS DE CALIDADE:
-Selos de Calidade Nacional desde o ano 2010
-Selos de Calidade Europeo desde o ano 2010
Finalista nos premios de Innovación Educativa SIMO, no ano 2014