Skip to Content

CALENDARIO FIN DE CURSO 2022/2023

CALENDARIO FIN DE CURSO 2022-2023

 

DATA

 

20 e 21 

de xuño

Recollida de libros do Fondo de libros (entrega o alumnado)

Recollida do equipamento informático en empréstito (entrega o alumnado)

23 

de xuño

10:00 - publicación en ABALAR das cualificacións finais

11:00- 2ºESO: entrega de consellos orientadores.

11:00- 4ºESO: entrega de consellos orientadores, certificacións académicas e CELGA 3.

12:00 - Entrega de Diplomas de Excelencia académica no souto.

26 e 27 

de xuño

9:00 a 13:00

Reclamacións de cualificacións ante os departamentos

Presentaranse na secretaría do centro educativo

28  

de xuño

14:00

Entrega das resolucións ás reclamacións de cualificacións

Convocatoria da xefatura de estudos do centro educativo

29 e 30 

de xuño

9:00 a 13:00

Reclamacións de cualificacións ante a Xefatura Territorial

Presentaranse na secretaría do centro educativo

 

 

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

MARTES 20 DE XUÑO - Devolución dos libros de texto de 1º ESO e 3º ESO

MÉRCORES 21 DE XUÑO - Devolución dos libros de texto de 2º ESO e 4º ESO

O alumnado debe traer o lote completo que lle foi entregado a inicio de curso xunto coa folla de devolución que se lle deu estes días. Esta folla debe estar asinada polo/a representante legal. Devolveráselle ao alumnado unha copia deste documento asinado e selado conforme se realiza a devolución.

SUSPENSIÓN DA XORNADA DE CONVIVENCIA

Debido a que a predición meteorolóxica para mañá segue a ser desfavorable, vémonos na obriga de SUSPENDER A XORNADA DE CONVIVENCIA que se ía desenvolver en Lourido.

Deste xeito, o luns 19 de xuño, AS CLASES DESENVOLVERANSE CON NORMALIDADE, polo que o alumnado debe traer o material correspondente.

ENQUISA DO PLAN DE IGUALDADE PARA AS FAMILIAS

Esta enquisa anónima ten como obxectivo facer unha análise da situación actual do IES de Poio para actualizar o Plan de Igualdade do centro no curso 2023/2024.

Pódese acceder na seguinte ligazón: https://forms.gle/kzBgKkryYVaf3qCL8

ADMISIÓN A FORMACIÓN PROFESIONAL 2023/2024. PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN

No documento adxunto pódense consultar os prazos do proceso de admisión a Formación Profesional para o curso 2023/2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut