Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 

CALENDARIO

 

XANEIRO

Do 15 ao 5 de febreiro

Presentación de solicitudes de reserva nos centros adscritos

(CEIP Espedregada, CEIP Lourido, CEIP Plurilingüe Chancelas,

CEIP Plurilingüe Isidora Riestra, CEIP Viñas)

 

 

 

 

 

 

FEBREIRO

22 de febreiro

Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado

28 de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes

 

MARZO 

Do 1 ao 20

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN ORDINARIA

 

ABRIL 

25 de abril

Publicación das listaxes provisiónais do alumnado admitido e non admitido

 

26-27-28 de ABRIL 

2-3 de MAIO

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais

 

MAIO 

15 maio

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

 

Solicitudes presentadas fóra de prazo

Do 21 de marzo ao 25 de abril

 

Solicitudes extraordinarias

Do 28 de abril ao inicio de curso

 

Prazo para formalizar a matrícula o alumnado admitido

Do 23 de xuño ao 7 de xullo

 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

PROGRAMA EDUMOB

 

O IES de Poio vai solicitar ser seleccionado no programa EDUMOB que convoca a Consellería de Educación. Para iso infórmase de que as actividades puntuables no baremo de selección de alumnado serán os seguintes:

ACTIVIDADE PUNTUACIÓN
MEMBRO/A CONSELLO ESCOLAR 0.25
DELEGADO 0.25
PARTICIPACIÓN CLUBE DE LECTURA 0,25
TEI - TITORÍA ENTRE IGUAIS 0,25
EXCELENCIA - FRANCÉS  0,25
SEMANA DA CIENCIA 0,25
EQUIPO DE IGUALDADE 0,25
ORGANIZACIÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS 0,25
ACTIVIDADES BENÉFICAS DO CENTRO 0,25

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Maís información na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41625

 

Moita sorte ao alumnado participante!!

 

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES CURSO 2023-2024

Adxúntanse os calendarios coas datas de entrega de traballos e realización de exames para o alumnado con algunha materia pendente 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN CURSO 2023-2024

Achéganse os criterios de cualificación das diferentes materias por departamento.

A matería Ámbito Científico de 3º e 4º de PDC atópanse nos departamentos de Física e Química e de Matemáticas, respectivamente.

A materia Ámbito Sociolingüistico de 3º e 4º de PDC atópanse nos departamentos de Xeografía e Historia e no de Língua Galega, respectivamente. 

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2023-2024

Estes son os días non lectivos concedidos por Xefatura Territorial para o IES de Poio:

13 de outubro e 20 de maio.

HORARIO DE SAÍDA DAS RUTAS DE TRANSPORTE

Segundo a información facilitada pola empresa de transporte responsable o horario de saída das diferentes rutas é o seguinte:

  • RUTA 1: Beiro-Carpint. Piñeiro (Butano) saída ás 8:20
  • RUTA 2: Capela-Campelo-Lourido Praia saída ás 8:25
  • RUTA 3: Albar-A Barca saída ás 8:30
  • RUTA 4: Mosteiro-Poio-Campañó de arriba saída ás 8:15
  • RUTA 5: A Pinela-Vilar saída ás 8:25
  • RUTA 5: Combarro-O Pumar saída ás 8:25
  • RUTA 7: Gasolinera Raxó-Xuviño saída ás 8:10
  • RUTA 8: Combarro-Canteira Combarro saída ás 8:25
  • RUTA 9: Bar Americano-O Vao (Lavadeiro) saída ás 8:25
  • RUTA 10: Escusa saída ás 8:32

 

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO

Para a organización do primeiro día de curso achégase a seguinte información que deben ter en conta o alumnado e as súas familias:

1.     As clases comezarán o LUNS 11 de setembro no horario habitual do centro, ás 08.50h.

2.    O alumnado pode empregar o transporte escolar aínda que non teña o carné. Este entregaráselle no centro ao longo da mañá.

3.     En canto ao acceso ao recinto, débense ter en conta as seguintes cuestións:

a.  O alumnado que accede a pé ou chega en transporte escolar debe circular polas beirarrúas.

b. O alumnado que accede en vehículo particular ten que baixar na rotonda e o vehículo debe abandonar o recinto.

4.     O alumnado terá que acceder ao interior do centro ás 08.45h, cando toca o primeiro timbre, e dirixirse á súa aula (o grupo pódese consultar no perfil da aplicación móbil Abalar). Os planos das aulas atópanse no documento adxunto. En caso de chuvia, o alumnado poderá acceder ao interior do centro a partir das 08.30h.

a. O alumnado da planta baixa (1º e 3º ESO) debe acceder pola porta de emerxencia lateral.

b. O alumnado da primeira e segunda planta debe acceder pola porta principal.

5.    As dúas primeiras sesións da mañá, o alumnado estará coa súa titora/titor, quen lle facilitará información xeral sobre o centro e poderá resolver as dúbidas que xurdan.

6.    A partir da terceira sesión de clase, despois do primeiro recreo, o alumnado seguirá o horario do seu grupo.

7.    As clases rematan no horario habitual, ás 14.30h.

a. Os vehículos particulares non poden abandonar o recinto ata que saian os autobuses.

 

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-2024

Estas son as rutas e paradas do transporte escolar do IES de Poio para o curso 2023-2024. Estamos pendentes da confirmación do horario das mesmas por parte da empresa.

Pódese ampliar o mapa a pantalla completa no botón da esquina superior dereita.

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

Nesta ligazón poden atopar a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

"As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusive."

O 11 de setembro as clases desenvolveranse no horario habitual de 08.50h a 14.30h e pola tarde de 16:30 a 18:10.

 

Ese día o alumnado poderá coller o transporte escolar sen o carné, que se lle entregará no centro ao longo da mañá e que xa poderá empregar ao finalizar a xornada lectiva.

O grupo ao que pertence o alumno ou alumna aparecerá no perfil de Abalar (na aplicación móbil) cando sexa definitivo, a próxima semana antes do inicio das clases.

Distribuir contido


by Dr. Radut