FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividades Agrarias
APRENDIZAXE SERVICIO: FP COLABORA COA AECC EN NADAL
Enviado por orientacion o Sáb, 23/12/2023 - 11:23
Moi felices de que moitos fogares de Mugardos teñan centros florais, arboliños e coroas feitos polo alumnado dos Ciclos Básico e Medio do IES Mugardos. Pero aínda máis felices de contribuír á unha boa causa. A doazón das composicións florais á AECC, e a súa venta no mercado deste xoves, permitiu que se recaudaran 774 euros.
Aprendizaxe e servizo á comunidade. Proxectos de profes moi especiais. Non hai mellor maneira de celebrar o Nadal!.
Contrato Programa Convive.
Participación nas olimpiadas da FP: GaliciaSkills 2023
Enviado por mario.soto o Sáb, 28/10/2023 - 14:11
Medalla de prata
Floraría
Andrea Ríos
7º Campionato Galego de Formación Profesional
Recinto Feira Internacional Abanca de Silleda
Días 25, 26 e 27 de outubro de 2023
Participación do IES de Mugardos
COMPETICIÓN | ALUMNADO | TITORES |
Floraría | Andrea Ríos | Pedro Torres |
Xardinaría paisaxística |
Francisco Varela |
Mario Soto |
25 de outubro
GaliciaSkills 2023 (FP)
Enviado por mario.soto o Ven, 20/10/2023 - 11:057º Campionato Galego de Formación Profesional
Recinto Feira Internacional Abanca de Silleda
Días 25, 26 e 27 de outubro de 2023
Participación do IES de Mugardos
COMPETICIÓN | ALUMNADO | TITORES |
Floraría | Andrea Ríos | Pedro Torres |
Xardinaría paisaxística |
Francisco Varela |
Mario Soto |
Poda en altura
Enviado por mario.soto o Ven, 20/10/2023 - 11:03O alumnado de FP Dual "Xardinaría e floraría" asistiu esta semana a un pequeno curso de prepación para a poda en altura. As clases foron impartidas por un especialista no pavillón do instituto.
Curso de poda en altura (FP Dual)
Enviado por admin o Dom, 08/10/2023 - 11:31Comunícase que os días 17 e 18 de outubro, en horario de tarde (de 4 a 9), terá lugar un curso de poda en altura, destinado ao alumnado de FP Dual.
Lugar: pavillón.
O Curruncho da Ciencia
Enviado por fgeiras o Lun, 02/10/2023 - 17:10Botamos a andar.
Gústache a ciencia e sábelo!
Dende os diferentes departamentos relacionados coa ciencia do IES Mugardos, propoñeremos un calendario con actividades moi interesantes para todo o curso.
Descobriremos, investigaremos e haberá premios e agasallos pero, sobre todo, divertirémonos polos escrutables camiños da CIENCIA.
Agardámoste no primeiro recreo do vindeiro venres 06 de outubro, diante do Laboratorio.
Obradoiro "Cambio climático no prato"
Enviado por admin o Xov, 28/09/2023 - 15:05O alumnado de FP Básica asistiu este martes ao obradoiro de cociña sustentablee, impartido polo chef Alejandro Iglesias coa finalidade de concienciar sobre o cambio climático. Ao longo de dúas sesións, cociñaron tres pratos: salpicón de polbo e fabas con ovo encurtido, polbo asado con pataca e cebola e de sobremesa, torrada de coco e chocolate branco con toffe. Todo iso aderezado de boas explicacións e prácticas de baixo consumo enerxético, produtos de proximidade... Abofé que o resultado estaba saboroso!!!
A actividade estivo organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade solicitada polo Concello de Mugardos.
Visita á central hidroeléctrica e fragas do Eume (FPB)
Enviado por admin o Lun, 06/03/2023 - 21:02Emprende no rural. "Dá o paso"
Enviado por patriciablanco o Dom, 20/02/2022 - 13:39Malia as dificultades técnicas, o alumnado de FPBásica asistiu á actividade formativa "Dá o paso. Emprende no rural" impusada pola Casa Grande de Xanceda.
Día do medio ambiente (5 de xuño). Actividade conxunta IES de Mugardos e CEIP Unión Mugardesa
Enviado por orientacion o Dom, 06/06/2021 - 12:26
CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE
|
Catálogo de arranxos florais para San Valentín
Enviado por patriciablanco o Mar, 02/02/2021 - 17:58Realiza a túa encarga xa!!!
Feliz día de San Cidre
Enviado por mario.soto o Ven, 15/05/2020 - 12:27O coidado da terra e a agricultura sostible serán fundamentais para saír adiante.
Hoxe e todos os días do ano... #pensaenverde !!!
Trampeo de vespa velutina
Enviado por mario.soto o Mér, 22/04/2020 - 20:04
O alumnado de FPB2 iniciou no mes de marzo un proxecto no Instituto. Denomínase "captura e mostreo de vespa velutina".
Con esta actividade búscase facer un análise da presenza actual desta especie no noso entorno (determinar as curvas de voo e determinar cal é o período óptimo de trampeo). Construímos catro modelos diferentes de trampa, coa intención de elexirmos a máis eficaz, e todas elas xa foron instaladas nos xardíns do instituto durante a segunda semana de marzo.
A suspensión na actividade docente non supuxo un atranco neste proxecto, senón máis ben un impulso: ampliamos a zona de mostreo!. Seguimos a traballar nesta iniciativa dende as nosas casas, e cada un de nós constrúe e instala trampas próximas á súa vivenda; tamén faremos a posta en común dos datos de captura.
Dende aquí, animamos a todo o profesorado e alumnado que queira colaborar con este proxecto, a instalar trampas na súa zona, enviándonos fotos das mesmas e datos das capturas. Adxúntase un pdf coas instruccións para fabricar unha trampa caseira.
Aí van as primeiras imaxes...
Foto: Mateo Foto: Beba
Agroxardinaría e composicións florais nas Xornadas de Orientación de Ferrol
Enviado por admin o Mér, 10/04/2019 - 19:52
Esta mañá celebrouse no Auditorio de Ferrol a Xornada de Orientación Educativa e alí estivo tamén o noso alumnado e profesores do ciclo de FP Básica. Aproveitaron a oportunidade de estar xunta no maior escaparate da oferta educativa da comarca para estrear o hotel de insectos e ensinarlles a todos os visitantes a técnica do kokedama... e, como non, promocionar Agroxardinaria e composicións florais.
Participación en GaliciaSkills 2018
Enviado por admin o Ven, 30/11/2018 - 21:57Por primeira vez o IES de Mugardos partipou no GaliciaSkills, o V campionato galego da Formación Profesional celebrado esta semana en Silleda. O alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e composicións florais encargouse da decoración do cocktail preparado polo IES Fragas do Eume trala entrega dos premios.
Parabéns ao alumnado e aos profesores Mario e Martín por estes dous días de intenso traballo e experiencias formativas na grande cita da Formación Profesional de Galicia.
Máis información en Á Mugardesa Arte Floral