blogue deadmin
Concurso de rap contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Sáb, 14/12/2019 - 14:45Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero este día a Biblioteca e o EDL convocaron un concurso de rap.
Os gañadores do concurso foron os alumnos de 3.º ESO Xabier Sánchez e Miguel Ángel Rincón (mención especial).
Isto é para que escoites,
isto é para que loites...
Campaña de Nadal para o Banco de Alimentos (Cáritas Mugardos)
Enviado por admin o Ven, 13/12/2019 - 16:00
Un ano máis está en marcha a recollida de alimentos non perecedeiros con destino a Cáritas-Mugardos.
As achegas poden depositarse na mesa situada diante das oficinas do instituto antes do 20 de decembro.
Moitas grazas!
Folga do profesorado (12 de decembro)
Enviado por admin o Mér, 11/12/2019 - 22:48Mañá, xoves 12 de decembro, está convocada unha folga do persoal docente no ensino público non universitario galego.
O centro vai garantir a atención a todo o alumnado que acuda ao instituto a través dos servizos mínimos estipulados pola Consellería de Educación, aínda que o seguimento da folga pode afectar aos horarios das distintas sesións.
A folga foi convocada por todos os sindicatos con representación na Mesa Sectorial (por orde de representación: CIG-Ensino, CCOO, ANPE, FETE-UXT, STEG, CSIF).
Visita á Central de ciclo combinado das Pontes
Enviado por admin o Lun, 09/12/2019 - 22:43O alumnado de Tecnoloxía Industrial (Bac), acompañados dos docentes Diego e Carmen, realizaron esta mañá unha visita á Central Térmica de Ciclo Combinado da localidade das Pontes.
Contra a violencia de xénero (25N)
Enviado por admin o Dom, 08/12/2019 - 21:52
O pasado venres recuperamos no salón de actos as actividades do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, adiadas por mor do calendario de exames. O acto conseitiu dna realización de varias lecturas, proxección de vídeos e, sobre todo, a audición dos raps presentados ao concurso. Axiña saberemos o veredicto do xurado e compartiremos as creacións.
Final e entrega dos premios do XXII Campionato de Polinomios (venres, 22 de novembro)
Enviado por admin o Mér, 20/11/2019 - 21:52Surf, megajump e visita ao INEF
Enviado por admin o Mér, 20/11/2019 - 21:46O alumnado de Actividade Física (2.º Bac) realizou este martes a excursión á praia de Bastiagueiro para desenvolveren unha práctica de surf. Tamén aproveritaron a xornada cunha acticidade de magajump e unha visita ao INEF.
Rap, educando en valores
Enviado por admin o Xov, 07/11/2019 - 22:33
|
O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu este xoves un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a eduacación en valores.
Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e tamén na ensinanza académica.
Comezo da HORA DE LER
Enviado por admin o Mér, 30/10/2019 - 20:47
4 de novembro Comezo da HORA DE LER
|
Autorización programas REFORZA-T (1.º, 2.º ESO, FPB) e PREMAT (3.º e 4.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 30/10/2019 - 20:23Modelos xerais de autorizacións para participar nos programas de reforzo educativo fóra do horario lectivo
REFORZA-T (antes PROA) |
PREMAT |
|||
1.º ESO |
3º. ESO |
|||
Comezo do CLUB DE LECTURA
Enviado por admin o Mar, 08/10/2019 - 23:04Este martes deron comezo as actividades do Club de Lectura. A biblioteca acolleu, antes do comezo das sesións docente da tarde, a reunión dos membros máis novos do club. Un ano máis ponse en marcha esta canteira de lectores impulsada pola biblioteca escolar e a profesora Begoña Allegue.
Lección inaugural (Bach.): Simón García
Enviado por admin o Mér, 18/09/2019 - 22:18O músico Simón García, compositor e intérprete, impartiu este luns a lección inaugural para o alumnado de bacharelato e 4.º ESO. Ao longo da súa exposición e o debate cos estudantes achegou de forma directa e accesible a complexidade da linguaxe musical e a beleza do seu instrumento: o baixo.
Ademais co relato da súa traxectoria profesional plantexou a necesidade de integrase nun mundo globalizado e competitivo a persar das dificultades. A mellor recomendación é loitar por estar preparado para non perder as oportunidades que nos interesen.
Agradecemos a Simón, como exalumno do centro, este reencontro tan especial co instituto.
Lección inaugural (ESO): Monitoras do Centro do Caldoval
Enviado por admin o Mér, 18/09/2019 - 21:28As monitoras do Centro de Interpretación do Xacemento do Caldoval, Vero e Sara, impartiron este luns a lección inaugural para o alumnado da ESO. Transmitiron a importancia do coñecemento da cultura latina en contacto cos pobos castrexos para comprendermos as nosas orixes. Achegaron tamén as características especiais dos restos conservados en Mugardos centrados no mundo das termas e os deportes.
Por último, formularon aos estudantes o misterio da estrutura cónica única en Mugardos e da que non se coñecen noticias da súa existencia noutras partes da romania. Queda no aire a pregunta: cal era a súa utilidade? Formula a túa hipótese.
Educación Secundaria para persoas adultas: matrícula en setembro
Enviado por admin o Ven, 26/07/2019 - 21:52VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE
Enviado por admin o Sáb, 29/06/2019 - 12:00
GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS
Venres, 21 de xuño
MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza
MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)
Festa de despedida do CLUB DE CIENCIA
Enviado por admin o Mér, 19/06/2019 - 20:56Esta tarde reuniuse por última vez o CLUB DE CIENCIAS para mostrarlles aos pais e nais que quixeron acompañarnos o programa de actividades deste curso: xadrez, circuítos eléctricos, xeometría, laborario de química... Todos xuntos -alumnado, profesorado e familias- para desfrutar aprendendo. E isto pode sersó o comezo dun club que dará moitos froitos. Voltaremos o próximo curso.
Moitas grazas á profesora Thais, coordinadora do club, e todos os docentes implicados.
A ribeira, da Bestarruza ao cabo Leiras, limpa como un coral
Enviado por admin o Sáb, 15/06/2019 - 12:34O venres pola mañá uns 300 escolares dos catro centros educativos do concello participaron na primeira xornada de limpeza da ribeira de Mugardos e da praia da Bestarruza.
Ao noso alumnado de 1.º e 2.º ESO e mais FPB tocoulles a limpeza do treito costeiro do cabo Leiras. A axuda dos membros da confradía fixo moi levadeiro o traballo. Porén, o máis salientable foi a toma de conciencia do grave problema mediambiental que temos tan próximo e a necesidade de tomar medidas colectivas e individuais para frealo.
Agradecemos a todas as ANPAS, organizadores e colaboradores este gran esforzo mobilizador da sociedade para a educación e o ben común.
1.º Premio Plan Proxecta Apuntámonos a non beber
Enviado por admin o Xov, 13/06/2019 - 17:43
1.º PREMIO - Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" A Consellería de Sanidade vén de comunicarnos a resolución do Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" na que dous traballos do alumnado de 1.º ESO acadaron o premio na categoría de Análise da publicidade de bebidas alcohólicas. As dúas clases de 1.º ESO traballaron ao longo do curso dentro da materia de Promoción de hábitos de vida saudables impartida polo profesor Camilo Soto. A vindeira semana gozarán dunha xornada de lecer nas instalación de Aquapark, en Cerceda. Parabéns!!! |
1.º ESO - A |
|
1.º ESO- B Análise campañas en instagram (Martini, Estrella de Galicia, Absolut, Beefeater...) |
|
|
Vive o momento...sen drogas polo medio
Enviado por admin o Mar, 11/06/2019 - 10:59
Campaña de sensibilización sobre o consumo de drogas realizada polo alumnado de 4.º ESO e 2.º FPB realizada nas sesións de titoría. O traballo fíxose no marco dun convenio de colaboración asinado entre o Concello de Mugardos e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO). Consistiu no deseño dunha serie de debuxos e mensaxes cos que se trata de concienciar á mocedade dos prexuízos do consumo de alcohol e drogas e, en xeral, da adopción doutras condutas aditivas.
A campaña xa foi presentada o pasado mes no Salón de Plenos do Concello (ver noticia) e agora as súas mensaxes van ser difundidas a travé de pousavasos e carteis que se distribuirán pola vila.
Charla sobre a limpeza do litoral
Enviado por admin o Dom, 09/06/2019 - 19:36
|
O alumnado de 1.º e 2.º ESO recibiu este venres unha charla preparatoria para afrontar a limpeza da ribeira de Mugardos que terá lugar o 14 de xuño. A información xeral centrouse nos efectos da actividade humana nos océanos e ecosistemas mariños.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »