blogue deadmin
Folga estudantil (Xoves, 26 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 23/10/2023 - 13:55NOTA: Pregamos desculpas polo erro nas datas que figuran na circular en papel entregada ao alumnado.
Obradoiro "Cambio climático no prato"
Enviado por admin o Xov, 28/09/2023 - 16:05O alumnado de FP Básica asistiu este martes ao obradoiro de cociña sustentablee, impartido polo chef Alejandro Iglesias coa finalidade de concienciar sobre o cambio climático. Ao longo de dúas sesións, cociñaron tres pratos: salpicón de polbo e fabas con ovo encurtido, polbo asado con pataca e cebola e de sobremesa, torrada de coco e chocolate branco con toffe. Todo iso aderezado de boas explicacións e prácticas de baixo consumo enerxético, produtos de proximidade... Abofé que o resultado estaba saboroso!!!
A actividade estivo organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade solicitada polo Concello de Mugardos.
Libros de texto e material. Curso 2023-202444
Enviado por admin o Lun, 03/07/2023 - 13:49RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2023-2024 |
||||||
1.º ESO |
Programa E-DIXGAL. |
|||||
2.º ESO |
||||||
3.º ESO | Fondo solidario e axudas para material escolar |
|||||
4.º ESO | ||||||
LISTAXE COMPLETA | ||||||
1.º Bacharelato |
Banco de Libros |
|||||
2.º Bacharelato |
Calendario da convocatoria extraordinaria (Bacharelato e FPB)
Enviado por admin o Lun, 12/06/2023 - 13:39Actividade no Club do Mar
Enviado por admin o Lun, 12/06/2023 - 13:38Este xoves 8 e venres 9 de xuño o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO baixou ao peirao de Mugardos para realizar a última fase de achegamento ao remo co Club do Mar. Durante varias horas o alumnado foi realizando actividades de preparación de barcos e percorridos remando pola ría. Ao finalizar estas actividades non faltou o baño conxunto para ir preparándose para o verán.
Un pracer poder colaborar co Club do Mar de Mugardos e moi agradecidos pola súa axuda
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Dom, 21/05/2023 - 19:46PRAZO DE SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño, incluídos
FONDO SOLIDARIO: 3.º e 4º. ESO
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: 1.º, 2.º, 3.º e 4.º ESO
ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)Para presentación electrónica, entre nesta aplicación FONDOLIBROS coa Chave 365. ou a través da sede electrónica da Xunta: Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (manuais en préstamo ao alumnado 3º e 4º de ESO)
Renda per cápita inferior a 6000 € : Seis libros de texto.
Renda per cápita inferior a 10000 €: Catro libros de texto.
De haber existencias nos fondos dispoñiblesasignaránse ata agotar existencias.
AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (1.º, 2.º, 3.º e 4º.ESO)
Renda per cápita inferior a 6000 € : 240 €
Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €
-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2021.
DOCUMENTACIÓN sobre a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021 (agás en caso de separación, divorcio ou casos de violencia de xénero posterior):
- Anexo II
- Copia do libro de familia onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.
- Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.
- Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.
As listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse únicamente no taboeiro de anuncios no interior do recinto escolar.
Graduación de bacharelato. Promoción 2021-2023
Enviado por admin o Sáb, 20/05/2023 - 13:41A tarde do venres,19 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2021-2023. Foi un acto emotivo para o alumnado.
Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas.
Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar.
Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados.
Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Adiante!!!
Recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023
Enviado por admin o Mar, 11/04/2023 - 10:22Sorteo "Cesta de entroido" (ANPA)
Enviado por admin o Mar, 07/03/2023 - 12:16O número agraciado correspóndelle á papeleta que conteña o 1146
Proceso de solicitude de admisión para o curso 2023-2024
Enviado por admin o Xov, 02/03/2023 - 21:31O alumnado deste centro e dos centros adscritos que realizou a reserva ten garantida a praza para o próximo curso.
Presentar as solicitudes de admisión entre o 1 e 20 de marzo de 2023.
-
Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro.
-
Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na conserxería do instituto e tamén no documento adxunto.
NOTA INFORMATIVA:
-
Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, na que se poderá facer constar unha relación de ata cinco centros máis por orde de preferencia, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
-
Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
-
Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
DOCUMENTACIÓN PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN
- Fotocopia do DNI do alumno/a ou certificado de nacemento.
- Fotocopia completa do libro ou libros de familia.
- Certificado de matrícula do curso actual.
- Fotocopia da solicitude de admisión unha vez cuberta.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e o convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
-
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.
-
Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
-
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.
Superado o 1.º reto strava do Camiño Inglés
Enviado por admin o Dom, 26/02/2023 - 16:42Persoas que acabaron o 1° reto.
Cartas de amor
Enviado por admin o Mar, 14/02/2023 - 11:39Iniciamos a experiencia da Radio na Biblio cun programa no que repasamos algunhas cartas de amor que distintos personaxes reais escribiron ás persoas que máis amaban. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4 ESO) repasamos estas cartas e disfrutamos de moi boa música.
Obradoiro de igualdade con Joshua Alonso e Sara Amorín
Enviado por admin o Lun, 19/12/2022 - 23:16
Y hoy llegaron a nuestras aulas Joshua Alonso Mateo y Sara Amorín Martín para, desde una generosidad enorme, poner algo de color al dolor de quien pierde a una madre a manos de su pareja.
Sois el motor del cambio, os dice Jhosua. Hay que saber ver, hay que saber identificar, para que las personas podamos reaccionar a la violencia de género. No se trata de juzgar, se trata de aprender a ver lo que mantiene la desigualdad y la violencia de género en nuestra sociedad; se trata de rehacernos como personas desde una manera de pensar, sentir y ser, libre de discriminación, libre de dolor.
Hablamos de cifras y medidas (para la víctima o contra la víctima?), del control y los celos, de trata y prostitución, de la pornografía (una industria que decora de alta ficción el sexo), del maltrato silencioso y que nadie ve, de perfiles de víctimas (todos y ninguno, qué perfiles?; un hombre?sí un hombre), de cuando las instituciones tienen en cuenta mayoritariamente a los varones ( por ejemplo, en la sanidad porque es económicamente más rentable). Jhosua y Sara nos hablaron desde la esperanza, desde lo positivo, sin dar la chapa, con dinámicas, con juegos que nos hicieron pensar. Os animaron sobre todo, a cambiar el mundo; a hacerlo más empático e, igualitario.
Iniciamos las charlas con un abrazo, y las terminamos con otro. Como seguro que Jhosua necesita más abrazos, por aquí os dejo su Instagram por si quieres hacerlo en las redes y seguirlo. https://instagram.com/joshuaalonsomateo?igshid=YmMyMTA2M2Y=
Piensosientosoy
|
Entrega de alimentos a Cáritas
Enviado por admin o Lun, 19/12/2022 - 22:47Entrega dos alimentos e produtos non perecedeiros recollidos ao longo das últimas semanas para a súa distribución por Cáritas Mugados. Grazas.
Actividade "Chicas nuevas 24 horas"
Enviado por admin o Ven, 16/12/2022 - 22:28O alumnado de 1.º bacharelato e 4.º ESO participaron esta semana na actividade "Chicas nuevas 24 horas". Trátase dun proxecto baseado no documental da realizadora Mabel Lozano que denuncia o rendible "negocio" xerado pola compra e venda de mulleres para a súa explotación sexual.
Ao longo de tres sesións guiadas pola especialista Carlota Díaz, cada grupo realizou en primeiro lugar unha visita guiada da exposición fotográfica disposta no corredor do centro. De seguido, procédese á proxección autorizada do documental e remata cun obradoiro de traballo en grupo e reflexións.
A actividade, impulsada pola Secretaría Xeral da Igualdade, está encamiñada cara á concienciación por parte especial da mocidade para a desaparición da demanda de servizos sexuais.
Únete aos retos do Camiño de Santiago. Aplicación STRAVA
Enviado por admin o Xov, 15/12/2022 - 21:28Este ano contamos no instituto cun proxecto centrado no Camiño de Santiago que ademais de buscar un achegamento cultural tamén propón un fomento de estilos de vida saudables a través de camiñadas, carreiras e saídas en bicicleta.
EN QUE CONSISTE?Lanzaranse 3 retos progresivos ao longo do curso baseados na consecución de distancias marcadas onde alumnos/as, profesores/as e familiares poderán tentar alcanzar estas metas, competindo a maiores por subiren ao pódium de cada reto. 1º RETO Desde o 19 de decembro até o 19 de febreiro. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos. 2º RETO Desde o 20 de febreiro até o 10 de abril. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos. 3º RETO Desde o 11 de abril até o 18 de xuño. Deberemos alcanzar unha distancia de 70km percorridos. Cómpre salientarmos que aínda que lográsemos alcanzar a distancia do reto antes da súa finalización, sempre podemos tentar aumentar a nosa quilometraxe e competir por ser os máis activos do IES Mugardos. Estes 3 retos virán acompañados de información cultural achega do Camiño Inglés. Deste xeito descubriremos lugares descoñecidos a visitar durante este proceso. + INFORMACIÓN:
|
Recollida de alimentos non perecedeiros (Cáritas)
Enviado por admin o Lun, 05/12/2022 - 15:22Campaña de recollida de alimentos non percedeiros
DATAS: do 5 ao 19 de decembro
LUGAR: mesas situadas na entrada do IES de Mugardos
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »