Novas

Novas relacionadas coa biblioteca

Bo Nadal e prósperas lecturas

Fallo do I Certame de Poesía - IES Chapela

O 14 de decembro deuse a coñecer o fallo do xurado do I Certame de Poesía - IES Chapela. O xurado, integrado por profesorado do centro, unha representante do persoal non docente e unha alumna, destacou a alta participación no certame. Foron cincuenta e tres os poetas e poetisas que enviaron os seus poemas ao concurso en torno ao tema Segundas oportunidades - Reciclaxe e espiral de vida. Sinalou tamén o xurado a gran calidade das obras entregadas. Textos de ledicia, nostalxia, resistencia, denuncia, esperanza... todo eles emocionantes. Por suposto que a decisión final non foi fácil, mais estes foron os poemas seleccionados:

(Picando sobre eles podes acceder á súa lectura.) 

  1º PREMIO Reviravolta - Raquel López Rodríguez (E. Infantil Modular)
  2º PREMIO Sede de vida - Martina Suárez Muradas (1º Bacharelato)
  3º PREMIO Non á contaminación! - Lola Amoedo Trelles (1º ESO A)     

  Mención especial

Can-Boot - Alejandro Alonso Rodríguez (2º ESO A)

 

    

Os nosos parabéns ás persoas gañadoras, pero sobre todo a todas aquelas e aqueles que participastes envorcando as vosas emocións e sentimentos por escrito. Moitas grazas.

Mercado do Troco

   

O 14 de decembro, como estaba previsto, trocamos intensamente, tanto en horario diúrno como en horario adulto - oferta modular.

Intensamente traballaron tamén as profesoras da biblioteca para que todo estivese preparado e no seu sitio o xoves.

Toda a comunidade escolar achegouse á nosa feira e algúns que non trouxeron nada para intercambiar quedaron coas ganas.

Na próxima feira non te quedes en "fóra de troco".

Novidades Biblioteca - Decembro 2017

Mercado do Troco no IES CHAPELA

14 de decembro

1º e 2º recreo

Vestíbulo do IES

 

Terás a oportunidade de cambiar os teus libros, filmes (orixinais) e cómics usados, por novos títulos.

 

NON MERQUES! TROCA!

  

BASES PARA O TROCO

1. Os artigos para trocar recolleranse na biblioteca do 1 ao 13 de decembro.

2. Cada participante recibirá un tícket por artigo que poderá trocar por outro libro, cómic ou filme.

3. Os artigos que non sexan escollidos por ninguén serán devoltos ás persoas que os trouxeron.                             

Biblioteca IES Chapela

Certame de Poesía - IES Chapela

     

Segundas oportunidades

Reciclaxe e espiral da vida

Ao longo da nosa vida acumulamos obxectos, amizades, lugares, experiencias que ás veces nos acompañan durante moito tempo e logo xa non. Outras veces van e veñen. Imos aprender a convivir con todas elas en Harmonía, a reciclalas, a deixalas ir e volver a collelas, coma se de búmerangs se tratase, e cantarlles, agradecerlles os bos momentos vividos xuntos e esperalos na próxima parada…

 Descarga as BASES do CERTAME        

Novidades Biblioteca - Novembro 2017

Instrucións Bibliotecas Escolares - Curso 2016-17

IV Centenario "QVIXOTE" - 2016

      Actividades no IES CHAPELA:
  • Exposición de obras de Cervantes e Shakespeare: libros, cómics, películas, carteis... 
  • A cociña de "El Quijote".
  • As plantas en "El Quijote".
  • A música da época.
  • Exposición de debuxos feitos polos alumnado.
  • Concursos: Adiviñar a linguaxe e fragmentos ordenados.

El Quijote en mp3

 

     
   

Libros solidarios - 2014

As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade destinados a Cáritas Redondela.

Libros solidarios é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural  Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES  Chapela e Mendiño que son así mesmo os lugares de intercambio.

 
A campaña dará comezo o venres, 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias. A iniciativa está aberta a calquera cidadán que quera colaborar e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.
 
Colaboradores : Biblioteca do CEIP San Salvador de Teis, Fundación Filomena Rivero Alonso e El Patito Editorial
 
Na foto, a presentación da campaña coa presencia das bibliotecarias dos centros participantes e dalgún dos colaboradores.
 

 

Distribuir contido