|
Novas relacionadas coa biblioteca
|
|
|
|
|
|
CLUB DE LECTURA O BERETE LECTOR
Este martes 29 de marzo, ás 15:15 horas o club de lectura O berete lector celebrou a terceira xuntanza. Alumnado de diversos grupos de Secundaria e profesorado de distintas materias fixeron unha posta en común ao redor das narrativa xuvenil. A partir dunha lectura responsable, cada participante realizou a súa intervención expositiva que deu lugar a una agradable e interesante tertulia. A través das historias noveladas, a maioría con protagonismo adolescente, destacaron as reflexións sobre as relaciones persoais e familiares, a enfermidade, o feminismo, a homosexualidade, o acoso, a superación, a lectura, os sonos, as aventuras, a censura. Nalgúns casos púidose debater sobre literatura e cine.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A BIBLIOTECA DO IES CHAPELA NO PLAMBE |
Como integrante do programa PLAMBE, a Biblioteca do IES Chapela estivo presente na xornada de formación Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2021/2022 que se celebraou en Santiago de Compostela o xoves 24 e venres 25 de marzo de 2022. Como é habitual nestes últimos cursos, nos Encontros PLAMBE faise unha exposición de pósters nos que se presenta algunha iniciativa ou experiencia das bibliotecas. A biblioteca do noso centro participou cun póster no que se describe a segunda xuntanza do club de lectura O Berete lector celebrada el 1 de marzo de 2022 ao redor das novelas gráficas. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Como centro integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), a comunidade educativa do IES de Chapela ten ao seu dispor unha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais. Os contidos bega-elbe2.edu.xunta.es están dispoñibles en diferentes linguas, cunha especial atención á presenza de contidos en lingua galega, e estruturados por temáticas, linguas, autoría, etapas educativas, xéneros (informativos e de ficción), para facilitar o acceso de usuarios e usuarias ás obras do seu interese. Trátase de contidos dixitais que poden utilizarse online e tamén offline, en todo momento e lugar, e que se adaptan a diferentes soportes de lectura (computador ou dispositivos móbiles).
Para acceder e utilizar a plataforma disponse de dous documentos informativos coas instruccións:
O profesorado pode recoller o seu identificador e contrasinal na biblioteca.
O alumnado recibirá o seu identificador e contrasinal na titoría ou nos departamentos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O martes 1de febreiro de 2022, ás 15:15 horas celebrouse a segunda xuntanza do club de lectura O berete lector con alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 4º ESO e 2º Bacharelato, e profesorado de distintas materias. Nesta ocasión a posta en común virou ao redor das novelas gráficas.
A temática resultou variada: as experiencias sufridas polos xudeus baixo a represión nazi; os conflitos en Palestina e na fronteira entre México e EEUU. Coñecemos varias recreacións de obras literarias como A volta ao mundo en 80 días, Rebelión na granxa, Diario de Ana Frank, Un saco de canicas, contos de Edgar Allan Poe; ou a biografía de Emilia Pardo Bazán, e tamén novelas de aventuras.
En conexión cos contidos, analizáronse e valoráronse os diferentes tipos de ilustracións.
En definitiva, a reunión resultou moi interesante e enriquecedora pois favoreceu o compartir experiencias, e fomentouse a capacidade de reflexión sobre os valores humanos a partir da análise e interpretación das obras literarias.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca convocan o III Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela.
PARTICIPANTES: Alumnado do IES de Chapela
MODALIDADE: Poesía en lingua galega
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o 2 de maio de 2022
PREMIO: Cheque para mercar no comercio local. 1º Premio 50€. 2º Premio 30€. 3º Premio 20€
DESCARGA AS BASES DO CONCURSO
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SATISFACCIÓN NA PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA O BERETE LECTOR
No marco da biblioteca inclusiva, co título Pola igualdade, o martes. 30 de novembro de 2021, ás 15 horas celebrouse a primeira reunión do club de lectura O berete lector con alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 4º ESO e 2º Bacharelato, e profesorado de distintas materias.
Cada participante compartiu a súa lectura co resto, o que deu lugar á reflexión sobre temas como as relacións humanas, a solidariedade, a diversidade, a inadaptación, os valores humanos, a integración, o amor, a amizade, o respecto, etc. Relacionáronse as obras entre si e con outras da literatura universal.
Así mesmo, abriuse un debate sobre os subxéneros do conto, o cómic e a novela gráfica.
Constatouse a gran forza expresiva das imaxes, dos textos, dos símbolos e da sinxeleza formal das obras escollidas.
O martes 1 de febrero temos un segundo encontro ao redor das novelas gráficas.
Animádevos!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A BIBLIOTECA DO IES CHAPELA PON EN MARCHA
O CLUB DE LECTURA O BERETE LECTOR
Este martes 30 de novembro ás 15 horas faremos unha primeira reunión co título “Pola igualdade”.
Trátase dunha posta en común sobre diferentes fondos bibliográficos (contos, cómics, novelas gráficas…) ao redor da diversificación, da igualdade, da multiculturalidade, etc.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A BIBLIOTECA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGA DO IES CHAPELA
INFORMAN DO RESULTADO DO SORTEO CELEBRADO O VENRES 19 DE NOVEMBRO DE
2021 ENTRE OS CONTOS DE MEDO E OS HAIKUS DE OUTONO:
CONTO DE MEDO: Yanira Taboas Cabaleiro (2º ESO A)
HAIKU DE OUTONO: Lidia Bastos González (4º ESO B)
Podes acceder ao conto e ao haiku premendo na ligazón de cada un.
|
|
|
|
|
|
|