Creacións

Asociación Galega San Francisco

Vídeo da Asociación Galega San Francisco, amiga e colaboradora do IES de Chapela.

Nuria, Presidenta da nosa ANPA, envíanos este fermoso traballo. Grazas!

MOITO ÁNIMO E MOITA FORZA!!

Quedar na casa non esta nada mal!

      A profesora Mónica Puga proponnos a seguinte tarefa para todas as persoas que formamos parte da comunidade do IES Chapela e para a veciñanza de Chapela. Envía ao correo do centro (ies.chapela@edu.xunta.es) unha foto en horizontal, acompañada dun carteliño que diga: QUEDAR NA CASA NON ESTÁ NADA MAL! na que saias facendo algo que che gusta: bailando, tecendo, durmindo, lendo, construíndo, adestrando, acariñando, vagueando, xogando a play, pintando, coidando, sementando, xogando, soa ou acompañada, animando... sendo persoas positivas! Logo xuntarémolas todas nunha montaxe audiovisual que subiremos á web. Un xeito de facernos compaña e ver como estamos, realizando cousas que nos gustan e que podemos facer por estar illadas. Veña, bule, que tes de prazo ate o xoves 26, inclusive!

Comunicado da ANPA Penisal do IES de Chapela

O IES de Chapela queda na casa

O profesorado e persoal non docente do IES de Chapela chama á comunidade educativa do noso instituto a quedar na casa, mais cun illamento activo no que ESCOITAR, APRENDER e COMPARTIR, sinais do noso centro. Máis cedo que tarde volveremos, fortes e solidarios, para unirnos nunha grande aperta.

Ánimo e Resistencia!

Unha oportunidade para escoitar, aprender e compartir

A SITUACIÓN COMPLEXA QUE VIVIMOS.... UNHA OPORTUNIDADE

EDUCANDO NA CONCIENCIA COLECTIVA

Desde o IES de Chapela sumámonos ás voces das persoas que solicitan un cambio nas nosas vidas con ideas como estas.

Necesitámonos, somos un, somos unha.

  • Igual nos fomos esquecendo porque o día a día absorbe os nosos pensamentos filosóficos. Agora podemos parar, tomar conciencia individual e colectiva.
  • Igual non é só unha loita contra un virus, senón contra os nosos costumes.
  • Igual é ocasión de transformar unha emerxencia nunha carreira de solidariedade.
  • Igual nos facilita mudar o xeito de ver as cousas, de valorar o que temos, de coidalo, de coidarnos... e de pensar...
  • Igual non importa se tes medo ou non ao contaxio, porque igual agora é momento de pensar en colectivo, en coidar as demais persoas:

Preocúpome por ti, mantéñome a distancia por ti, lavo as mans por ti, non vou de viaxe, nin a un concerto nin ao centro comercial... por ti.

Por ti, que traballas no hospital e non podes poñerte enferma, porque es maior e a túa vida vale tanto como a miña, porque estás fráxil loitando contra outra enfermidade, e non podes tamén contra esta, porque estás no hospital...

 

 Agora podemos parar e aprender a ralentizarnos, pensar, imaxinar...

  • Unha oportunidade para compartir tarefas e coidados.
  • Experimentar como podería ser unha sociedade en decrecemento, aínda que sexa de xeito momentáneo.
  • Valorar a importancia dos servizos públicos como algo esencial.
  • Ver o rápido que resulta reducir a contaminación e limpar o aire nas nosas cidades.
  • Valorar o comunitario e tomar conciencia do potencial colectivo para conservar a vida. O apoio mutuo.
  • Valorar a importancia de que remate este tipo de turismo depredador.

 

Igual despois de todo podemos convertir unha situación de crise nunha oportunidade para escoitar, aprender e compartir.

 

OLGA REY ESTRAVIZ (Vicedirectora do IES de Chapela)

Distribuir contido