ANPA

ANPA IES Chapela

REPENSAR O PATIO, RENATURALIZAR A ESCOLA

Comunicado ANPA Penisal IES de Chapela / 20-10-20

WEBINAR "PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS E CONDUTAS AFINS DESDE A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS"

En Cruz Vermella estamos a desenvolver o proxecto: "Apoio á Parentalidade Positiva" destinado a familias con nenos, nenas e adolescentes. O obxectivo é fortalecer ás familias para que as necesidades e dereitos da infancia sexan satisfeitos, e para fomentar o goce de relacións familiares positivas que permitan o desenvolvemento dos seus membros.  

No marco deste proxecto vos convidamos a participar o sábado 24 de outubro de 11:00 a 12:30 horas no seminario on line en directo sobre "Prevención de drogodependencias e condutas afíns desde a resolución de conflitos", que será impartido por Juan Manuel Romero, psicólogo especialista en trauma e disociación da personalidade. 

Como nai ou pai dun adolescente ou preadolescente é probable que este tema preocúpeche. O consumo de alcol e certas drogas parece normalizarse entre a xente nova. Por iso, axudarémosche a identificar aqueles factores que poden supoñer un risco, para que poidas detectalos e actuar. Falaremos de pautas e estratexias que che poden axudar á hora de educar á túa filla ou fillocomo comunicarnos con eles, cando pode ser a idade adecuada para falar destes temas e como establecer normas e límites,... 

Este webinar é unha actividade gratuíta e aberta á participación de calquera familia. Realizarase en directo con interacción entre o relator e os/as participantes, que poderán realizar preguntas ou comentarios no momento. Para participar se necesita un dispositivo con micro, cámara e conexión a Internet. 

Para participar hai que inscribirse neste enlace https://cutt.ly/YgsLBwR antes do venres 23 de outubro. Logo enviarémosvos o código de acceso e unhas sinxelas instrucións. 

 

 

Comunicado ANPA Penisal IES de Chapela

Comunicado da ANPA Penisal do IES de Chapela / 2 de maio de 2020

Comunicado da ANPA Penisal do IES de Chapela

Convocatoria asemblea extraordinaria ANPA I.E.S. CHAPELA

 

 Picar no adxunto da marxe inferior dereita para descargar o borrador do estatuto.

COMUNICADO ANPA IES DE CHAPELA

Charla Educación Afectivo Sexual

Distribuir contido