4º ESO Música

Actividades musicais

Para festexar o último día deste curso 18/19 o alumnado de Música e Artes escénicas de 1º e 4º ESO e os alumnos e alumnas de Linguaxe e Práctica musical de 1º BACH prepararon unhas estupendas actuacións coas que deleitaron a todo o público. 
 

Ilidenys Rodríguez Ogando no Programa Bamboleo

Pica na imaxe, para ver a súa actuación. Desprázate ao segundo 13:15.

Análise da banda sonora musical nunha escena dun filme

Deíxovos aquí a escena correspondente á páxina 6 dos apuntamentos da unidade Música e Imaxe.

O comentario está nos propios apuntamentos. Pode servirche como modelo para o teu traballo. Data tope: 23 de febreiro.

 

Mapa de Estilos

No enlace que che deixo aquí, podes consultar, e escoitar, un incrible mapa de estilos musicais que seguro vanche ser de axuda na unidade que dedicamos aos ESTILOS MUSICAIS. Pica na imaxe:

Sons holofónicos

O xeito que temos de escoitar tenta ser reproducido a través do son holofónico. A holofonía é unha técnica de espacialización sonora. Para lograr a percepción do oínte respecto á posición da fonte de son, grávanse as secuencias de cada oído independentemente empregando unha cabeza de dummy equipada con dous micros omnidireccionais situados á altura de cada orella. Logo as dúas gravacións recombínanse. Agrégaselle ademais á cabeza unha emisión de son interna para conseguir a tridimensionalidade do son.

É importante que cando escoites estes sons utilices auriculares ou cascos, canto mellor sexan, mellor será a calidade da audición. Tamén que peches os ollos para que a sensación sexa máis forte. O primeiro son co que podes experimentar é a voz dunha muller que murmura ao noso oído. Pons os auriculares e pechas os ollos.

Algo máis completo e emocionante é estoutro que deixo aquí. Acudimos á barbería, precisamos un corte de pelo. O ideal é escoitalo cos ollos pechados, mais se tedes problemas para seguir o inglés dos nosos protagonistas, aquí volo deixo neste vídeo con subtítulos. Bon proveito e coidado coa vosa cabeza!

Análise Videoclip

O próximo venres 21 de abril a nosa compañeira Andrea exporá en clase o seu traballo sobre o videoclip da canción No saben de ti, do cantante galego Andrés Suárez. Non estaría de máis botarlle un ollo antes para poder falar, comentar e compartir con Andrea a súa análise. Aquí volo deixo.

 

Hey Jude

Interpretación de 4º ESO do Hey Jude - The Beatles, nun arranxo con instrumental Orff. 10 de marzo de 2017.

Distribuir contido