Educación Física

APUNTES EDUCACIÓN FÍSICA 3ª AVALIACIÓN.

APUNTES EDUCACIÓN FÍSICA 2ª AVALIACIÓN.

¡POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO!

 O  11 de novembro, día de San Martiño, a Asociación "Brinquedia" convoca a todos os concellos de Galicia a celebrar "O DÍA DO PEÓN" e darlle a este xogo popular o protagonismo que merece.

Cartaz informativo

Cartaz xeral

Éxito das nosas alumnas no Campionato de España de Bateles

   

 

 

Alumnas de Bacharelato do IES Chapela acadaron o terceiro posto na clasificación do Campionato de España de bateles (2008), celebrado en Sestao (Bizkaia). Competiron no batel xuvenil feminino, JF 2000 m Final A.

Na foto, de dereita a esquerda, Paula, Andrea, Sara, Miriam, Paula e Sara. Moitos parabéns!

Nova do campionato na prensa

Pobos abandonados - Búbal (Huesca)

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: " Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados."

CURSO: 3º ESO

PROFESORAS RESPONSABLES: Nuria Redondo e Evangelina Aguado.

         A actividade é "Recuperación y utilización educativa de pueblos abandonados" convocada polo Ministerio de Educación e Ciencia e publicada no BOE do 13 de outubro de 2007.

       O noso centro solicitou a participación nesta actividade que se realiza en pobos abandoados. Eliximos o pirineo aragonés: Búbal (Huesca). Eliximos como tema "Xogos populares, folclore e instrumentos tradicionais".       

        É unha actividade dunha semana de duración na que os alumnos e alumnas teñen a oportunidade de estar en contacto coa natureza nun contorno moi diferente ao que lles rodea. O pobo está nun enclave natural do Pirineo e é un pobo abandonado fai anos que foi recuperado e que agora utilízase para este tipo de actividades educativas. O pobo está dedicado a este tipo de actividades, conta con instalacións preparadas para a acollida de alumnos/as: comedores, vivendas, e conta tamén con monitores especializados que preparan actividades de coñecemento da zona, contacto co medio ambiente, rutas, contacto coa natureza, sensibilización e coidado do medio natural.
        Nesta actividade poden participar un máximo de 25 alumnos/as       

         O MEC financia o coste da estancia no pobo, os alumnos/as deben costear a viaxe en autobús ata o pobo. As profesoras responsables estamos a pedir presupostos para esta viaxe e no caso de que concedesen a actividade ao noso centro, faríase unha reunión informativa na que se falaría de todos os detalles desta actividade. O prezo ronda os 100 euros.

ULTIMA HORA

         Poñémonos en contacto con vostedes para informarlles de que a solicitude feita polo departamento de EF do IES Chapela para participar na actividade extraescolar dirixida ós alumnos de 3º de ESO "Recuperación y utilización educativa de pueblos abandonados" convocada polo Ministerio de Educación e Ciencia e publicada no BOE do 13 de outubro, da que lles informamos anteriormente, foi aceptada e poderemos participar nas datas do 30 de marzo ó 5 de abril de 2008 e no  pobo abandonado do pirineo aragonés que solicitamos, Búbal (Huesca).

Distribuir contido