Masterclass Física de Partículas

As alumnas Paula, Elia e Alba, e o noso alumno Enrique, de 2º de Bacharelatoparticiparon o xoves 22 de marzo de 2012 na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da USC. Na xornada, profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, achegaron o mundo das partículas elementais a estudantes  de 17 centros de Galicia. Asistiron a unha conferencia, analizaron datos reais do LHC e contactaron co CERN nunha videoconferencia na que compartiron os seus resultados con centros de San Paulo (Brasil), Clermont Ferrand (Francia) e Xenebra (Suiza). Nova no Xornal.