Validación de módulos profesionais

Lémbrase ao alumnado de ciclos formativos que pode solicitar a validación de módulos profesionais.

As solicitudes de validación de ciclos LOXSE/LOE a ciclos LOE e de ciclos LOXSE a ciclos LOXSE (así como a validación do módulo de FOL de calquera ciclo LOXSE ou LOE e as validacións a partir da acreditación de unidades de competencia e os certificados profesionais) son competencia da Dirección do centro educativo e deberán presentarse nos 20 primeiros días de clase. Para iso cubrirase o Anexo XIV e achegarase orixinal e copia do certificado académico.

As demais solicitudes de validación (de ciclos LOE a ciclos LOXSE, de estudos universitarios, dunha FP I ou FP II) son competencia do Ministerio de Educación e poden presentarse ao longo de todo o curso, pero terán preferencia para a súa resolución as presentadas ata outubro. Para estas solicitudes cubrirase o Anexo V e achegarase orixinal e copia do certificado académico en castelán. No caso de solicitar a validación a partir de estudos universitarios, haberá que presentar a maiores a seguinte documentación:

  • Copia do programa oficial das materias cursadas, selada ou asinada electronicamente en cada cara, a unha cara e en castelán.
  • Certificado da universidade onde conste que o programa que se achega é o realmente cursado e superado pola persoa interesada, tamén en castelán.

As solicitudes de validación presentaranse nas ventás de secretaría do centro de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas ou os luns e venres pola tarde na xefatura de estudos en horario de 17:00 a 20:00 horas.