Matrícula, admisión e reserva

Ante as confusións que está a ver coa reserva, admisión de alumnado novo de ESO e BACH e matrícula, facemos a seguinte aclaración. A reserva de praza para alumnado procedente dos colexios adscritos de primaria, e a admisión de alumnado novo de ESO e BACH para o próximo curso procedente doutros centros, están pechadas. Tan só restan a admisión de alumnado de FP e a matriculación de todo o alumnado do centro. Ambos os dous procesos prevese que teñan lugar a principios de xullo. Dos dous publicarase información na páxina web e enviarase un abalarMobil ás familias.