Fotos Entroido Modular 2020

 

  Celebramos o Entroido en modular. A María e a Olga non se lles escapaba nada con eses tremendos lentes.

 

Entroido 2

Os días previos os alumnos e alumnas traballaron para que todo estivese preparado.

 

Entroido 4

Vaia bicho que deseñou o alumnado de infantil!

 

 Entroido 5

Colares e adornos de refugallo.

 

Entroido 6

Unha restauración en toda regra.

 

Entroido 4

Este tratamento vaiche saír nun ollo da cara, nena!

 

Entroido 8

A comparsa de infantil moi confiada en acadar un bo posto.

 

Entroido 9

Outro posado.

 

Entroido 1

Infantil Horario 1 tamén atope!

 

Entroido 2

Parabens ao grupo do módulo de xogo, pola súa participación no concurso e polo ben que o pasamos cos xogos que preparachedes para ese día!!

 

 As comparsas daban os últimos retoques antes do concurso.

 

 

 O grupo de profesoras andaba moi confiado con obter un bo resultado no concurso.

 

 Ían algo así como de Olimpíadas Matemáticas, todas con números.

 

 A comida que non falte. A verdade é que todas estas festas son unha escusa para comer.

O alumnado esmerouse na realización de exquisitos pratos.

 

 E antes do concurso, xogos populares. O xogo da cadeira.

 

 Vivíronse momentos de tensión, especialmente cando o director fixo trampas para levarse a vitoria na última cadeira.

 

 O xogo da culler. Mira que dereitiñas elas!

 

 A meca presidía todo. Estaba máis seria que Ana Botella cando non lle deron a Madrid as Olimpíadas.

 

 E comezou finalmente o concurso. APSD foi o primeiro en saltar cunhas impresionantes coplas.

 

 Logo tocou o turno a Integración. As paraolimpíadas chegaron a Chapela.

 

 O alumnado trouxo as ondas da ría ao vestíbulo do IES.

 

 E aí comezaron a desfilar as paraolímpicas.

Os de Integración trouxeron un famoso para que lles axudase. O regreso de Nardo.

 

 Algunha era perigosa, como esta que non vía e case lle mete o bastón no ollo ao noso reporteiro.

 

 En cadeiras de rodas, con muletas, andadores... Todas e todos participando e obtendo o seu merecido premio.

 

 Momento podio.

 

 

O noso Nardo en representación do COI fixo a entrega de medallas na representación da comparsa.

 

Que animadas as paraolímpicas! Con ese movemento ben podía participar en Tokio 2020, se ao final vai adiante.

 

As de Infantil Horario 1, todas de branco, menos unha que apostou directamente pola diversidade, montárono cunha coreografía.

 

Loucura no vestíbulo!

 

 Desenfreo!

 

 Dietética apostou por montalo en plan macedonia.

 

Aí todas e todos bailando, co cociñeiro sostendo o coitelo entre os dentes.

 

E para rematar Infantil Horario 2, que con música chinesa de fondo, e con toda a parsimonia do mundo, presentáronse na pista.

Portaban un bicho global, polos dos globos, sorprendente.

 

 E despois da entrada distintas parellas representaron bailes de todo o mundo. Hawai!

 

 

 Que marchísima!

 

 Brasileiras de cú postizo, ás que a cámara non puido chegar a enfocar pola rapidez do seu movemento.

 

 O despregue de Infantil impresionou ao xurado!

 

 E logo chegou o turno do profesorado, que decidiu varrer ben a pista para non patinar. Había postas moitas esperanzas nelas e neles.

 

 E así a ritmo de canción infantil e facendo un corro comezaron a rodar tan alegres.

 

 Pasar pasárono ben, como Remedios Amaya en Eurovisión, pero estaba claro que non ían levar o premio.

 

 E mentres o xurado deliberaba, todo o mundo a bailar! DJ Olga pinchaba desde a conserxería en plan David Guetta.

 

 2º Premio do Concurso de máscaras!

 

 1º Premio do Concurso de máscaras para Andrés.

 

 1º Premio de Comparsas para Infantil Horario 2.

 

 

 Isto rematou. A vicedirectora comezou contar ovellas e dixo que era noite, todo o mundo para cama a durmir.