Visita a Pescanova

Visita a Pescanova
Esta semana os alumnos e alumnas de ciencias de 4º ESO visitaron as instalacións da fábrica de Pescanova, onde lles explicaron cal é o proceso de preparación do surimi, dende o barco onde se pesca ata a fábrica, na que se procesa para obter o produto final. Remataron a visita degustando unha serie de produtos preparados con surimi. Grazas ao persoal de Pescanova pola súa implicación!