OFERTA EMPREGO PARA COIDADOS DE PERSOAS MAIORES EN ALEMANIA

 

OFERTA EMPREGO PARA COIDADOS DE PERSOAS MAIORES EN ALEMANIA

 

 

Dende a Axencia de Colocación e Emprego Global Working estamos inmersos nun proxecto onde buscamos persoas candidatas para traballar na área do coidado de persoas maiores en Alemania.

 

As persoas candidatas debenter finalizada unha das seguintes formacións:

 

- Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia - TAPSD

 

- Técnico/a en Atención Sociosanitaria. TASS

 

- Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería - TCAE.

 

Como Axencia de colocación que somos colaboramos con EURESS e coa Axencia Nacional de Emprego de Alemania (ZAV). As persoas candidatas traballarán en AWO Nordhessen, unha das maiores organizacións alemanas con máis de 200.000 empregados e con residencias en todo o territorio alemán.

 

As persoas candidatas poden teracceso a toda a información e enviar o seu CV no seguinte enlace:

 

http://bit.ly/TCAE-TAPSD-TASS

 

Durante a semana do 18 de marzo as persoas candidatas interesadas se entrevistarán personalmente nas nosas oficinas cos empregadores de AWO Nordhessen e terán a oportunidade de coñecer aos tecnicos de emprego da Axencia Nacional de Emprego Alemana (ZAV), polo que o último día para recibir CVs será o 8 de marzo.

 

As candidaturas seleccionadas comezarán unha formación intensiva e gratuita de alemán nas nosas oficinas. A formación comezará o 1 de abril.

 

Unha vez rematada a formación en idioma, as persoas candidatas terán un contrato de 3 anos en Alemania nos que traballarán comaAuxiliar para o Coidado de Persoas Maiores (durante o 65% da súa xornada laboral) e estudiarán unha FP Dual de Técnico/a Especializado/a en Coidados de Persoas Maiores (durante o outro 35% da súa xornada laboral) polo que estarán continuamente mellorando a nivel profesional. Durante estes tres anos, as persoas candidatas terán un salario de 1.730 euros brutos mensuais. Unha vez finalizada a FP Dual, ascenderán de categoría profesional e o seu salario será de 2.600 euros brutos mensuais.

 

No arquivo adxunto poden ler a información do proxecto.

 

Aproveitamos a ocasión para compartir as testemuñas e vídeos de profesionais que xa se atopan traballando en diferentes países de Europa gracias á nosa labor:

 

 

Levamos máis de 4 anos traballando en proxectos de mobilidade europea con Alemania, Suiza e Noruega con diferentes perfís profesionais polo que, para calquera dúbida que xurda, non dubiden en poñerse en contacto connosco.

 

AdxuntoTamaño
OFERTA EMPREGO PARA COIDADOS DE PERSOAS MAIORES EN ALEMANIA.odt22.88 KB