Pergamiño Vindel - Un tesouro en Sete Cantigas

O dia 29 de novembro o grupo de 1º Bacharelato visitou no Museo do Mar de Galicia a exposición PERGAMIÑO VINDEL - UN TESOURO EN SETE CANTIGAS. Acompañadas e acompañados das profesoras Manuela González  e Olga Nogueira, participaron nun obradoiro sobre a Idade Media e puideron coñecer algo máis desta alfaia da nosa cultura. Por último fixeron unha foto para a historia, todas e todos xuntos co pergamiño.