Actividades do EDLG: Mural de Rosalía

O próximo luns 10 de marzo,  pola mañá no 2º recreo (12:10h), faremos a inauguración oficial do mural deseñado e realizado por alumnado de 3º da ESO (Iván Faro, Claudia Rivas, Anxo Jorge e Xoel Rodríguez) e coordinado polas profesoras Carmen Toro e Emilia Fernánez.

Temos tamén organizado para esa hora un recitado colectivo do poema "Has de cantar" (1º poema de Cantares Gallegos) no que participará alumnado representando a cada unha das 21 clases de diurno do instituto (ESO, Bacharelato e FP), xunto con representación do profesorado e de nais e pais do alumnado.