Becas, axudas, premios

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 20/21

Consulta aquí os libros de texto recomendadados para os diferentes niveis

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Orde do 12 de maio de 2020, DOG Núm. 96 (19/05/20) (xúntase pdf do DOG coa convocatoria)

Prazo.- ata o 19 de xuño de 2020 incluído.

Beneficiarios/as.-

     -Axudas para material escolar: alumnado matriculado en ESO.

     -Fondo solidario de libros: alumnado matriculado 3º e 4º ESO (o alumnado de 1º e 2º ESO está acollido ao programa EDIXGAL).

Documentación necesaria.-

    -Impreso de solicitude ED330B (Anexos I e II): (xúntase impreso solicitude pdf e instrucións para cubrila)

    -Copia de documento que acredite a unidade familiar (a data 31/12/2018): Libro de familia, sentenza de divorcio/convenio regulador, ou no seu defecto certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.

    -Se é o caso: Certificado do grao de discapacidade do alumno ou calquera membro da familia. Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero. Resolución de acollemento de alumnado en situación de tutela da Xunta de Galicia.

Forma de presentación de solicitudes.

    -Preferentemente a través da aplicación FONDOLIBROS.Unha vez cubertos os datos, a aplicación xera unha solicitude numerada que poderán presentar:

    -Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia:  ACCESO SEDE ELECTRÓNICA

    -Presencialmente no centro educativo.

    -En caso de non ter acceso á aplicación Fondolibros, poderán presentarse solicitudes cubertas manualmente no propio centro, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

DOG 19MAIO20: AXUDAS E FONDO LIBROS: LIGAZÓN
IMPRESO SOLICITUDE ED 330B: LIGAZÓN
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR IMPRESO: LIGAZÓN

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o ano 2020 para alumnado de centros públicos. Máis información en arquivo anexo

ou seguinte ENLACE

LISTAXE ACTUALIZADA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20

Consulta aquí a listaxe de libros de texto recomendados para o curso 2019-2020

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20

AVISOS:

ANTE A POSIBLE INCORPORACIÓN DE NOVAS MATERIAS EN E-DIXGAL RECOMÉNDASE QUE NON COMPREN LIBROS DE TEXTO ATA SETEMBRO.

- En Tecnoloxía de 3º ESO non se recomenda ningún libro de texto, polo tanto non debe ser tida en conta a recomendación que aparecía no sobre de matrícula

Distribuir contido