Actividades

INTERCAMBIO CON ALEMAÑA

O alumnado de 3º ESO que participa no intercambio co Gymnasium Agustinianum de Greven, atópase dende o pasado mércores 17 de marzo en Alemaña, acompañado polas profesoras Carmen García (coordinadora do programa) e Leticia Caamaño, onde estará ata o vindeiro xoves 25 de marzo.

O alumnado de Greven que participa no intercambio visitará Brión a comezos do vindeiro curso escolar 2010-2011.

PROGRAMA "A PONTE"

24/03/2010 12:25
24/03/2010 14:00

Programa que desenvolve a USC para dar a coñecer a universidade ao alumnado de 2º de Bacharelato

ITINERARIO XEOLÓXICO-AMBIENTAL POLAS RÍAS BAIXAS

25/03/2010 00:25
27/03/2010 20:00

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza un itinerario xeolóxico-ambiental para o alumnado de Ciencias da Terra e ambientais de 2º de Bacharelato durante os días 25, 26 e 27 de Marzo.

No itinerario realizaranse diversas actividades de Xeoloxía e Medio Natural nos seguintes lugares:

- na estación Hidrobiolóxica: Encoro do Con en Vilagarcia

- nas Illas Ons

- na península do Morrazo

- na enseada do Umia-O Grove

LECTURA COMENTADA DE POEMAS DE ROSALÍA A CARGO DE CARMEN BLANCO

Baixo o título "Rosalía de Castro: poeta da liberdade e da independencia", a profesora e poeta Carmen Blanco fará unha lectura comentada  de poemas de Rosalía de Castro sobre o tema da liberdade de Galicia e das mulleres no contexto da liberdade humana en xeral. Mostra da Rosalía poeta viva para a loita pola liberdade no noso tempo.

Asistirá a esta lectura o alumnado de 1º Bacharelato o vindeiro luns 22 de marzo na 5ª sesión de clase.

CHARLA: XENÉTICA E BIOTECNOLOXÍAS. IMPLICACIÓNS SOCIAIS

16/03/2010 16:15
16/03/2010 17:55

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza unha charla do profesor e divulgador científico Daniel Soutullo. Terá lugar  na aula de usos múltiples para o alumnado de 1º de Bacharelato, dentro da materia de Ciencias para o mundo Contemporáneo, e o de 2º de Bacharelato de Bioloxía.

REPRESENTACIÓN DE "LA CELESTINA"

04/03/2010 10:25
04/03/2010 13:15

O departamento de Lingua Castelá organiza unha saída á representación da obra para 3º de ESO e 1º de PDC. Os actores manteran despois da representación un coloquio co público.

RECITAL POÉTICO DE CARLOS NEGRO

03/03/2010 11:15
03/03/2010 12:00

O departamento de Lingua Galega organiza un recital poético de Carlos Negro na aula de usos múltiples para o alumnado de 3º de ESO.

O poeta recitará versos do libro MAKINARIA e fará un coloquio co alumnado.

"LOS TRES MOSQUETEROS"

08/02/2010 00:00
08/02/2010 12:00

O departamento de Lingua Castelá organiza a asistencia á representación teatral dunha adaptación da obra de Dumas para o alumnado de 1º e 2º da ESO. A obra terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela

CRÓNICAS DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA

28/01/2010 10:25
28/01/2010 12:05
   

O vindeiro xoves día 28 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO e de 2º de bacharelato visitarán a mostra Crónicas da represión lingüística, nunha saída didáctica organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

 

 

 

SER LINGUA NON É FÁCIL

    Estes días temos  a oportunidade de disfrutar no noso centro da exposición itinerante "Ser lingua non é fácil", elaborada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística da EOI de Ourense.

Accede á versión pdf dos paneis.

 

Distribuir contido