Música

3º ESO C_ Baile de Noro. Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

Déixovos aquí o vídeo da canción que estamos preparando para a semana das Letras Galegas. Non é o orixinal, pero ten a avantaxe de que podedes ver ben os pasos de baile. A practicar!

https://youtu.be/_a05kT1QNk0

O baile de Noro


Axudádeme a cantare (bis)
axúdeme quen quixere
axudádeme a cantare
se non vou enrouquecere (bis)
Ai a la la, ai la la la.

Esa bailadora que bonita é
debuxando voltas na punta do pé
Na punta do pé, na punta do pé
esa bailadora que bonita é.

Bailade nenas, bailade
que o voso bailar me alegra
se o voso bailar non fora
non estaba nesta terra.

Logo cantas, logo bailas (bis)
logo tes o pé lixeiro
logo me fas arrimare
as miñas mans ao pandeiro (bis)
Ai a la la, ai la la la.

Esa bailadora que bonita é
debuxando voltas na punta do pé
Na punta do pé, na punta do pé
esa bailadora que bonita é.

Bailade nenas, bailade
que o voso bailar me alegra
se o voso bailar non fora
non estaba nesta terra.

Cantares e máis cantares (bis)
cantares hei de cantare
teño a hucha nova chea
e un costal por desalare (bis)
Ai a la la, ai la la la.

Esa bailadora que bonita é
debuxando voltas na punta do pé
Na punta do pé, na punta do pé
esa bailadora que bonita é.

Bailade nenas, bailade
que o voso bailar me alegra
se o voso bailar non fora
non estaba nesta terra.

Esta vai por despedida (bis)
hoxe aquí non canto outra
as señoras que ma oian
de hoxe un ano me oian noutra (bis)
Ai a la la, ai la la la.

Esa bailadora que bonita é
debuxando voltas na punta do pé
Na punta do pé, na punta do pé
esa bailadora que bonita é.

Bailade nenas, bailade
que o voso bailar me alegra
se o voso bailar non fora
non estaba nesta terra.

1º Bach_Método de lectura musical

No pdf axunto tedes un método de lectura musical, para que poidades practicar os exercicios de lectura rítmica

1º Bach. Exemplos de procedementos de composición.

La Follia. A. Corelli:

https://www.youtube.com/watch?v=5BPhkY6xIP8

Invención nº 2. J. S. Bach

https://www.youtube.com/watch?v=eS5NJ_mhAI4

Porcentaxes de avaliación e mínimos esixibles

Programación Didáctica Departamento de Música 2018-19

Mércores musicais: Antonio Dubert Trillo

2º ESO NO CONCERTO "NA VIRADA"

O 4 de marzo, a proposta do departamento de música, o alumnado de 2º da ESO, fomos o Auditorio de Galicia escoitar un concerto do grupo Na Virada.

Previamente traballamos nas aulas alguns asuntos vencellados a este tipo de actividades musicais: os locais para a música e os códigos de conduta –diferentes segundo os locais e a clase de concertos-; o tipo de grupo e as músicas que fai. Os ointes e o respecto polo traballo dos músicos.O folclore, o folk e outras músicas de autor.

Escoitamos músicas dos dous discos que até o momento puxeron no mercado. No segundo, SOLAINA, un lindo disco-libro fermosamente ilustrado no que musican a poetas galego-portugueses. A alma mater de Na Virada é Xico de Cariño e o grupo naceu dunha asociación cultural con pequenos no Morrazo.

O alumnado, organizado en grupos cunha persoa coordenadora, realizaria un traballo que submeteriamos a avaliación e votación na aula premiando o mellor.

En 2º B foinos máis fácil organizar e decidir porque os grupos eran da propia aula.

2ºA e C xuntamonos facendo os grupos mixtos, asi que todo se complica un pouco máis –de feito ainda está pendente a votación definitiva- pero a experiencia é tamén interesante.

Ademáis do concerto, visitamos o Museo do Pobo Galego, a igrexa de San Domingos de Bonaval –e a exposición “100 anos do himno galego”- e o Panteón de Galegos Ilustres onde lembramos a Castelao, a Rosalía Castro, a Domingo Fontán.

Outro grupo, mentres, acudiron ao Centro Galego de Arte contemporánea.

Aqui tedes o traballo que eliximos gañador en 2ºB. Nel participaron Adrián Amor, Irimia Muelas, Marta López, Javier Beade e Xacobe Freire. Todos contribuiron coa súas cámaras, plumas, grabadoras, ordenadores e traballo en equipo.

 

Distribuir contido