Música

O TEATRO DAS MANIOTAS, PREMIO NACIONAL NOS BUERO!!!

O noso grupo de teatro, clasificado para a final dos Buero da Fundación Coca-Cola, volta á casa co PRIMEIRO PREMIO NACIONAL no seu peto.

As artistas xa gozan do seu merecido descanso despois dun curso de éxitos pero tamén  de moito traballo.

Noraboa de parte de toda a comunidade educativa a este grupazo e as súas profesoras, Loly Santos e Ari Álvarez.

Seguide dándonos tan bos momentos!!

 

ENLACES A NOVAS NOS XORNAIS:

 

O TEATRO DAS MANIOTAS TOMAN RUMBO A MADRID!!

 A obra "As do peixe" do Teatro das Maniotas do noso centro despois de saborear o premio autonómico, poñen  rumbo a Madrid como finalistas da 19ª edición dos Premios Buero de Teatro Xove.

É a primeira vez que un grupo galego chega a esta final, así que as nosas protagonistas non deixan de dar alegrías a nosa comunidade educativa.

Moitos parabés polo gran traballo deste grupo e da súa profesora Loly Santos!!

  •  NOVA NO CORREO GALEGO: ENLACE
  •  NOVA NA VOZ DE GALICIA: ENLACE

PARABÉNS AS GAÑADORAS AUTONÓMICAS "AS DO PEIXE"

O xurado dos Premios Buero da Fundación Coca-Cola acaba de conceder o Premio Autonómico ao grupo de teatro do IES de Brión “Teatro das Maniotas” pola súa representación da obra “As do peixe”, texto de Cándido Pazó e dirección de María Dolores Santos e Ariadna Álvarez.

Na seguinte fase, o grupo compite co resto de gañadores/as autonómicas en Madrid.

OS NOSOS PARABÉNS A ESTE GRAN GRUPO!!

PRIMEIRO MUSICAL DE BAILADELA TEATRO

Mañá 31 de marzo estrearase  "DESORIENTADAS" o primeiro e  extraordinario musical de "Bailadela Teatro".

Moitos parabéns a todas vos!!

 

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE MÚSICA CURSO 20-21

No arquivo adxunto poderedes consultar a programación didáctica do departamento para este curso 20-21

CON MÚSICA E MOITA ILUSIÓN DAMOS A BENVIDA AO 2021!!

O departamento de música quere celebrar a entrada no novo ano 2021 con esta canción preparada polo alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato.

REUNIÓNS VIRTUAIS CO ALUMNADO

CALENDARIO DE REUNIÓNS/CLASES VIRTUAIS CO ALUMNADO DE MÚSICA

Publico o calendario de reunións virtuais co alumnado de música entre os días 21-27 de abril.

Un saúdo nestes tempos difíciles.

INDICACIÓNS PARA O ALUMNADO DE MÚSICA DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Adxunto as instrucións para traballarmos durante o que dura o peche do centro e para que poidamos estar en contacto para realizar dito traballo.

Para calquera dúbida sobre ditas indicacións, ou calquera outra cousa relacionada coa materia contactade comigo por mail: loli.musica@iesbrion.com

Moito ánimo! 

María Dolores Santos Álvarez

Xefa do Departamento de Música

1º Bach. Muiñeira cantada

Súbovos a ligazón da muiñeira coa que estamos ensaiando o baile. Póñoa para que a poidades practicar na casa ;D

https://youtu.be/Lhb_mOp5gBY

2º ESO C Sarara morena

Tedes aquí a ligazón dun programa da TVG no que un grupo canta a cantiga Sara morena, que estamos preparando. O texto non é exactamente igual que o que temos nós. Xa sabedes que isto é característico da música tradicional. Para que non haxa confusións, colócovos aquí a letra da nosa versión. Aclarede a gorxa e a practicar!

https://youtu.be/ikCLecBgkOA

Ai, Sara morena

Ía pra feira de Ourense e esquecéuseme a guillada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

Peguei unha revirivolta ie volvín pola guillada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

-Ábreme a porta Sariña, que veño pola guillada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

-A porta non cha podo abrir, que estou facendo a colada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

Peguei unha revirivolta ie sobín pola ventana
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

-Quen é ese gato negro que tes debaixo da cama?
-É o gato da nosa comadre que vén onda a nosa gata.
-Se é o gato da nosa comadre, que vén onda a nosa gata,
o gato da túa comadre gasta sombreiro e sotana.

Distribuir contido