Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía

Creando relevo

Oroxenizador ou simulador de oroxenias... Este foi o ultimo aparello co que nos agasallou o alumnado de 3º de PDC (o primeiro foi a caseta meteorolóxica que está insatalada no patio) dende a materia de Tecnoloxía. Con isto podemos simular no laboratorio a formación de cadeas montañosas con pregamentos e fallas, notras palabras: crear relevo, tal e como ocorre na natureza cando as rochas sedimentarias dos fondos oceánicos son pregadas, fracturadas e elevadas. Vaia para eles/as todo o noso agradecemento!

Proxecto ríos: xornadas de primavera

A finais de maio tivemos as xornadas de primavera no Proxecto ríos. Nesta ocasión o protagonista foi o alumnado de 1º de ESO que se achegou ao río Pego para facer o estudo de macroinvertebrados e, consecuentemente o do estado de saúde do río. Aquí podemos velos concentrados na súa tarefa investigadora, como verdadeiros científicos. Tamén saíu por 2ª vez o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º, que fixo un estudo comparado do estado do ecosistema entre a saída que fixemos en outono e agora. Tamén participou alumnado de  Ciencias da Terra de 2º de Bacharelato, particularmente Sara Ferreiro e Nerea Rivas ás que agradecemos especialmente a súa colaboración pois fixeron de monitoras para ensinar a fauna do río ás/aos de 1º.

UNHA CEBRA NA AUGA: PROXECTO EN MARCHA

Xa temos instalado no laboratorio de Bioloxía un acuario con 9 peixes cebra!

O IES de Brión participa no proxecto "Unha cebra na auga" promovido polo Departamento de Xenética da USC, dende a Facultade de Veterinaria en Lugo.

O proxecto trata de achegar a investigación científica ao alumnado e para iso traballaremos cos peixes cebra que temos xa no acuario e cun laboratorio virtual onde nos convertiremos en xenetistas: facendo cruzamentos, creando transxénicos, etc. Polo de pronto o comité de "expertos" en acuarios de Bioloxía de 4º de ESO xa fixo a montaxe deste e as primeiras análises indican que a auga está en perfectas condicións... Estamos en marcha, intentaremos chegar a bo porto.

UN ANO MÁIS... O PROXECTO RÍOS NO RÍO PEGO

 

O alumnado de PDC de 3º de ESO, como xa o fixera antes o de Ciencias da Terra e ambientais, tivo o martes 12 de novembro unha xornada de estudo do ecosistema do río Pego: estudaron o medio físico (biótopo) e as súas características (pH, Temperatura, etc) e os organismos vivos; entre os que destacan os macroinvertebados (sobre todo larvas de insecto), moi importantes para coñecer o estado ambiental do río polo seu carácter bioindicador. O mércores 13 foi o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO o que tomou o relevo nese estudo.

De momento, podemos respirar tranquilos: o río pego está en boas condicións, pero non podemos baixar a garda porque todos os ríos, especialmente os que están próximos a a vilas ou cidades, sufren múltiples ameazas.

POLBO DO MONTE??

A punto de rematar o outono, non queremos deixar pasar a oportunidade de fixarnos neses seres tan particulares como son os fungos, que nesta época do ano enchen os nosos bosques de cogumelos. Por iso o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO botouse ao monte, literalmente, e trouxo exemplares tan curiosos como este que vedes na foto. Pero non pensedes que viña así; cando chegou ao instituto este cogumelo era só esa especie de ovo que vedes na base, pechado. En en só 24 horas, para asombro de propios e estraños, dese "ovo" saíu esta impresionante seta... Con razón lle chaman polbo do monte!

Trátase da especie Clatrhus archeri G. Segundo parece orixinaria de Nova Zelanda, pénsase que puido chegar a Europa na lá de ovella importada dese país.

Paco Mella foi o afortunado descubridor, parabéns Paco polo achado!

VISITA Á PLANTA DE TRATAMENTO DE LIXO DE LOUSAME E AO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO

Planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de Servia. Lousame.

Vista do Parque Natural de Corrubedo

Que pasa co lixo unha vez que o botamos no colector? A onde van parar as botellas de plástico? Que é compost? ...

Estas e outras preguntas terán cumprida resposta na visita que o alumnado de 3º de ESO vai facer o próximo día 11 á Planta de tratamento de lixo de Lousame.

Organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía esta saída completarase cunha visita ao Parque natural de Corrubedo, un espazo natural protexido dun gran valor ecolóxico, como poderemos comprobar; ademais de apreciar "in situ" o traballo do vento e o mar durante anos e anos para modelar unha paisaxe única.

LOS ALIMENTOS.

Traballo a realizar sobre a actividade interactiva Proyecto Ed@d da páxina web que podes atopar en ite educación recursos secundaria correspondente a Bioloxia e Ciencias de 3º de ESO

O MUNDO chámase carballo...

Poema de Darío Xohán Cabana sobre o carballo no que aparecen os nomes de moitas árbores.

Pincha na folla para acceder á páxina do EDLG (Antes ENDL) do IES As Mercedes (Lugo)

XIÁN E O CASTIÑEIRO

Actividades para @s nen@ que queiran saber dos castiñeiros: léxico, adiviñas, conto e cantigas feitas polos meniños do E.E.I. Monte da Guía. Pincha na árbore para entrar.

BLOG DE CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORANEO

Información, comentarios, debate.. e sobre todo moita ciencia.


Distribuir contido