Lingua e Literatura Galega

LITERATURA POPULAR

Un PDF sobre literatura popular galega de Domingo Blanco feito para PONTENASONDAS 

A web GALICIA ENCANTADA ten moitísimos contos, lendas, cantigas e audios da literatura popular.

As lendas urbanas son actualizacións das tradicionais. Ver na WIKIPEDIA.

Contos na rede

Lenda da  Serea

Selección das cantigas de Amaía.

Orella Pendella. Ditos, recitados e conacións galegas.

Refraneiro da cultura popular galega. Twiter de Refraneiro galego.

Cancións populares en galego con enlaces a You Yube en Exercicios de lingua

O Instituto da Lingua Galega recolleu en distintos puntos de Galicia e de Asturias, León e Zamora de fala galega audios onde podemos escoitar e ler os distintos dialectos a través de lendas e contos pupulares. Ir a A NOSA FALA

OS SÉCULOS ESCUROS

Podedes ver a presentación de Sofía Rama: Os Séculos Escuros e a Ilustración.

E o traballo de alumnos/as de 3º da ESO do IES Félix Muriel de Rianxo: MARLOU

Outro tema no que aparece enlaces con outros materiais é a páxina LITERATURA GALEGA

Os IrmandiñosPardo de Cela

Auto-odio de Marta de GH. 2011.  "Galicia es una mierda" de Ataque Escampe. "De aldeanos", curta realizada por Edu P. Lavandeira, gañadora do I certame de "Curtas na Rede".

Uxía Senlle: "Teño unha casiña branca". "Alalá da noite" de Kosmognía, Berrogüeto. 

Frei Martín Sarmiento: PROXECTO SARMIENTO do Consello da Cultura Galega.

"A escola das areas". Sarmiento opina da lingua galega. Traballo de Enrique Monteagudo para o Consello da Cultura Galega.

Para ver contos e lendas populares ver: "Galicia encantada". Para escoitar un contacontos: "Os coruños" de Quico Cadaval.

Cándido Pazó recita un trabalinguas.

Lede o artigo "Spanglish" de Suso de Toro en El País do 23-3-2012 e contestade ás seguintes preguntas: 

1. Indica o significado de prebe, banal, abnegada, porén, dilema, catarse, mixiricadas, estigmatizado, paradoxalmente.

2. Indica a estrutura do texto.

3. Sinala o tema e destaca as ideas principais.

4. Fai un comentario crítico e poñéndoo en relación aos Séculos Escuros.

CELSO EMILIO FERREIRO

2012 é o ano do centenario de Celso Emilio Ferreiro e a súa fundación fixo unha páxina web para traballar ao autor.

Ir a celsoemilioferreiro.org

O Consello da Cultura Galega habilitou un audio para poder escoitar unha entrevista a Celso Emilio Ferreiro: culturagalega.org

O poema "Irmaus" en YOU TUBE, interpretado polo grupo Fuxan os Ventos. Podedes escoitar a Pucho Boedo, dos Tamara o poema "Monólogo do vello traballador", tamén de LONGA NOITE DE PEDRA.

Podedes ver a presentación A cultura galega baixo a Ditadura franquista.

ESTRANXEIROS QUE FALAN GALEGO EN"BEN FALADO"

No programa BEN FALADO da TVG dirixido polo profesor Xesús Ferro Ruiba foron aparecendo xentes do mundo que non só falan ben galego, senón que o aman como se fosen galegos. Vede a

PAULINA CEREMUZYNSKA, música medievalista de Polonia, canta lírica galego-portuguesa e fala con amor e fluidez.

DARÍA SHORNIKOVA, moza rusa que traduce do galego ao ruso.

ELENA ZERNOVA, tradutora de Rosalía de Castro ao ruso.

 SUSANA MONTESINOS, encantada de falar coma nós.

SARA ARDOVINI, romana que veu estudar o galego.

EKATERINA GUERBEK, tradutora e intérprete. Traduciu ao galego Crime e castigo de F. Dostoieski.

JONATHAN DUNNE, tradutor ao inglés da literatura galega.

NILSA AREÁN GARCÍA, do Brasil. Fala da experienccia da dos seus pais no Brasil.

ZUZANA PESSELOVÁ, eslovaca que en pouco tempo faou e amou o galego. Escoitádea.

A GALICIA ENTANGARAÑADA

Este artigo de Manuel Rivas "A Galicia entangarañada" para o xornal madrileño El País, en Luces, suplemento en galego dos venres, a conto dunha manifestación da xente do teatro polos recortes e o tratamento da Consellería da Cultura con eles, fai reflexionar a Manolo Rivas sobre a situación cultural e lingüística na actualidade e nun posible futuro inmediato. 

DIEGO XELMÍREZ, PAIXÓN DO REINO E DE COMPOSTELA

Para que leades o artigo completo de Suso de Toro sobre a figura de Xelmírez lédeo en EL PAÍS.

é unha reportaxe desta figura histórica dentro dunha serie de personaxes da historia de Galicia chamada 

XENTE DE AQUÍ

CANÇÓ TROBADORESCA PROVENZAL

BERNART DE VENTADORN é un dos máis famosos trobadores provenzais e a súa cançó "Quan vei l´alauzeta mover..." (Cando vexo á cotovía mover...) un dos seus poemas máis famosos. Escoitade só a música e despois o poema cantado en provenzal e con música medieval: ESCOITAR, nunha interpretación máis lenta: ESCOITAR

POEMAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Podemos ler e escoitar poemas que se fixeron por mativo do Camiño de Santiago. EEste famoso Romance de Don Gaiferos é un dos máis coñecidos.

Disco de Quintás Canella que foi editado en 1978 e onde este cantautor galego fai unha versión persoal de temas medievais e populares. Pinchando no disco podedes escoitar a música e ler as letras.

LOIS PEREIRO

LOIS PEREIRO: Poeta ao que se lle adica o Día das Letras Galegas do ano 2011. Comezamos a facer enlaces a páxinas web e a vídeos interesantes que explican a súa obra e vida.

: Páxina web de recursos sobre Lois Pereiro da COORDINADORA ENDL

Lois Pereiro, "Lobos esteparios", en "Corazonada": No ano 1989 foi entrevistado por Xosé Ramón Gayoso. Moi bo. (preme na imaxe)


Cartaz dixital de Lois Pereiro:Magnífico recurso do Caderno de Lingua para achegarse a Lois Pereiro (como case todos os recursos desta páxina que recomendamos).

En YouTube hai varios vídeos que explican a súa vida: LOIS PEREIRO.AS ARMAS DA PAIXÓN, podemos escoitar a súa voz en

TEASER LOIS PEREIRO.

Presentación da biobibliografía de Lois Pereiro na Coruña: BIOBIBLIOGRAFÍA EN OUVIRMOS

Arturo Casas explícanos neste vídeo o significado da obra de Lois Pereiro: UNHA CARTOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO.

Algunha das súas obras foron interpretadas polo grupo Radio Océano: NARCISISMO, COMO O VENTO

Podemos escoitar cinco poemas de Lois Pereiro: CINCO POEMAS

Vídeo de presentacion de MUNDO LOIS

"Curiosidade". Vídeo-poema feito no IES San Alberte de Noia: ir ao VÍDEO

Un vídeo creación do IES do Porto do Son: MAR QUE VÉN DE LONXE

Unha veciña do Incio, a artista Lucía Pérez faille un poema á súa terra, terra de orixe de Lois Pereiro. Do disco DÍGOCHO EN GALEGO

A páxina oficial de Lois Pereiro: LOIS PEREIRO

Unha biografía en GALICIAÉ

Páxina web sobre Lois pereiro. Actividades de primaria interesante: SEMINARIOGALAN.ORG

Distribuir contido