Lingua e Literatura Galega

A POESÍA GALEGA ACTUAL

A poesía galega hoxe é de grande riqueza: hai unha nómina extensa de homes e mulleres poetas. Seguen en activo os/as poetas da Xeración dos 50 (Méndez Ferrín, Bernardino Graña, García-Bodaño, Xoana Torres), case todos da xeración dos 80 con obras xa consagradas e da xeración do 90 chama a atención o número de mulleres, tanto en cantidade como pola súa cualidade.

Podedes ver os blogues da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Podedes baixar en PDF os textos e oír os audios dos poetas e narradores da Xeración dos 80 e anteriores

Se queredes ler e oír aos/ás poetas novas

A situación cultural na actualidade

Na rede podedes navegar por moitas páxinas de asociacións culturais, profesionais, revistas, radio e televisión, grupos de teatro, bibliotecas virtuais, etc.

Do Consello da Cultura Galega

Da Biblioteca Virtual Galega da Universidade de Coruña

Da Asociación Galega de Editores

Da Asociación de Escritores en Lingua Galega 

Da Asociación de Tradutores Galegos

De asociacións pedagóxicas: Nova Escola Galega da Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Da Radio Televisión de Galicia

Da prensa galega

Da revista cultural Tempos novos

Do Centro Dramático Galego

Algúns blogues: Diario cultural de Ana Romaní. Lectores galegos en Bos Aires. Brétemas de Manuel Bragado. Outros moitos blogues

"Somos vellos, somos novos" de Suso de Toro

Neste artigo de Suso deToro o autor fai unha reflexión sobre a tradición literaria galega, interrompida nos Séculos Escuros e renacida con Rosalía, polo que somos novos, aínda que temos unha rica tradición medieval que non conta para a literatura actual

Ver artigo de EL PAÍS

RONI E CARAPUCHIÑA XIGANTE NAMÓRANSE

Un xonto clásico, o de Carapuchiña vermella nunha versión diferente.

Ver RONI E CARAPUCHIÑA XIGANTE NAMÓRANSE 

Aquí tedes un PDF que ten varias versións de Carapuchiña feita por nenos e nenas: Contaconelas.org 

PÁXINAS WEB SOBRE RAMÓN PIÑEIRO

Podemos consultar moitos documentos escritos sobre Ramón Piñeiro así como vídeos e audios do propio homenaxeado este ano 2009 para as Letras Galegas.

Ir á páxina sobre RAMÓN PIÑEIRO 

O PORTUGUÉS E O GALEGO

Este interesante vídeo en YOU TUBE sobre o galego e o portugés desde a óptica portuguesa.

Ver YOU TUBE 

Podedes ver en galego información sobre a lingua portuguesa na Wikipedia con enlaces interesantes.

Ver Lingua Portuguesa 

Ver canción de Marisa Monte con letra en YOU TUBE

Escoitar a canción de Maria Bethânia: Eu preciso de você 

Unha canción protesta brasileira de Ze Ramalho: Pra naõ dizer que não falei das flores 

Cantan os dereitos dos meniños, en versión rap: Deritos das crianças ou a versión de Toquinho.

Toquinho:É bom ser criança

Ver vídeos da escritora brasileira de orixe galega Nélida Piñón en: ENTREVISTA (min. 32, ou 55) YOU TUBE 1YOU TUBE 2YOU TUBE 3YOU TUBE 4

DO cantante portugués José Afonso (Zeca): Grândola Vila Morena 

Do grupo GNR: Pronúncia do Norte 

A cantante portuguesa Dulce Pontes canta un fado portugúes (ver letra) LELA (ver letra)de Castelao e A Rianxeira canto con Carlos Núñez e The Chieftains 

Para saber de Cabo Verde: Documental en portugués e escoitar a súa máis famosa cantante, Cesárea Évora: Saudade (Sodade)

ARTIGO DE MANUEL RIVAS PREMIADO CO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O artigo "A mesa cósmica de Piñeiro" publicado en El País foi premiado como mellor artigo xornalístico neste ano.

Podedes velo aquí 

O arraiano Martin Sheen e o poeta cimarrón de Manuel Rivas

Este é un artigo do diario El País que fala dun actor norteaméricano de orixe galega-irlandesa. Fala tamén de Xosé Luís Méndez Ferrín, poeta ao que lle fixeron unha homenaxe en Vigo polo seu 70 aniversario (menos mal que xa comezan a facerlle homenaxe antes de morrer á xente que contribuíu coa súa arte ao noso país).

Ver artigo de El País 

Contesta ás seguintes preguntas:

1. Sabes o que é un arraiano e un miñoto?

2.Quen é Martin Sheen e por que lle chamou a atención a M. Rivas?

3. En que película famosa traballou? Víchela?

4. Ademais de actor, por que é coñecido este personaxe no mundo? En que iniciativas participou?

5. Que título ten o libro en homenaxe a Ferrín?

6. Que ten de común con Martín Sheen segundo M. Rivas?

TRABALINGUA

TRABALINGUA é unha páxina de novas e información sobre a lingua galega.

Ir a TRABALINGUA 

DÚBIDAS DA LINGUA GALEGA

Para solucionar algunhas dúbidas frecuentes da lingua galega podedes consultar esta páxina web: Dúbidas lingüísticas

Distribuir contido