2º PREMIO NA 7ª COMPETICIÓN DE ROBOTS DA ESCOLA DE ENXEÑARÍA INDUSTRIAL DE VIGO

Un grupo de alumnado de Tecnoloxía, Intelixencia Artificial e Dixitalización de 4º de ESO e Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º de Bacharelato, foron os representantes do IES de Brión na 7ª Competición de robots da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
O alumnado, que cursa robótica nas respectivas materias, estivo durante varias xornadas fóra do horario escolar optimizando a programación e montaxe do robot no centro previamente á xornada celebrada o pasado 19 de abril.


Contamos coa colaboración do departamento de Debuxo, para a creación do deseño e estampación con serigrafía de camisetas en diferentes cores para o evento. O deseño foi elaborado a partir dunha imaxe da "Máquina de diferencias" de Ada Lovelace e Charles Babbage.

Nesta edición participaron 500 estudantes, organizados en 97 equipos, distribuidos nos 9 tapices de competición. Todos os equipos do IES de Brión pasaron á final na 1ª fase, en 1ª e 3ª posicións no respectivo panel. Na final do concurso na que competiron os grupos mellor clasificados en cada tapiz, os grupos de 4º de ESO acadaron un 2º e 4º postos, sendo agasallados con reloxios intelixentes e 1º de Bacharelato acadaron unha 5ª e 8ª posicións.
Felicitamos a todo o alumnado que representou ao instituto na 7ª edición da Competición.

Accede ás novas sobre o evento:

"Unha invasión robótica toma a Escola de Enxeñaría Industrial". DUVI

"Unha invasión robótica se apodera de la Esculea de Ingeniería Industrial". Vigo Hoy

"500 estudiantes participaron en la séptima edición de la Competición de Robots de Galicia". Quincemil

"Los robots invaden el campus". Faro de Vigo