Roteiro 2º de ESO

O Seminario de Educación Física organizou o pasado xoves 16 de maio dende ás 8.25h. ata ás 17.00h. un roteiro para o alumnado de 2º de ESO.

A nosa andaina comezou nas Dunas de Corrubedo e na praia Ladeira. Despois visitamos o Dolmen de Axeitos e Castro Baroña. Rematamos na praia da Aguieira, onde xantamos e tivemos ocasión de xogar ou pasear. Facía bastante vento e mesmo choveu un pouquiño, pero aprendimos moito e pasámolo moi ben.