Aviso: BANCO SOLIDARIO DE LIBROS da ESO 2021
As familias que necesiten libros de texto da ESO tedes que cubrir o seguinte formulario entre o 20 e o 27 de xullo: https://forms.gle/NiB5tqYiLe23xVCKA
Se hai máis solicitudes que libros o reparto farase primeiro entre as familias con dereito ás axudas de material escolar, e os demais repartiranse entre os restantes solicitantes comezando cos alumnos co primeiro apelido empezando por Ws e segundo Bf segundo o sorteo feito este curso na Consellería para a admisión de alumnado e intentando que na medida do posible estas últimas familias leven o mesmo número de libros.
É condición indispensable ter devoltos os libros do curso anterior.