Evitar navegación.
Principal

Prazo validacións Música

Poderá solicitar as validacións o alumnado que estea cursando ou teña cursado ensinanzas profesionais de Música e de Danza.

O interesado en solicitar a validación dunha materia de ESO ou de bacharelato ou, no caso de menores de idade, os seus pais ou titores legais presentarán durante o mes de setembro a solicitude de validación. Coa dita solicitude achegarase a documentación que acredite que o alumno/a está a cursar ou xa cursou e superou os estudos utilizados para a validación.

DOG Núm.96 Disposición adicional: Medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral