Evitar navegación.
Principal

Xornada de acollida ás familias

Tal e como se falou na reunión coas familias deixamos AQUÍ A LIGAZÓN Ó VIDEO polo que mostraron interese.

O luns 17 de outubro ás 18:15 terá lugar a Xornada de acollida ás familias.

As familias dos alumnos, agás os de 1º da ESO, acudirán directamente ás aulas onde reciben clase os seus fillos para ser atendidos de forma grupal polo/a titor/a.

As dos alumnos de 1º da ESO reuniranse primeiramente coa directora na sala de Usos Múltiples, onde recibirán información xeral sobre a ESO e o funcionamento do centro. Seguidamente dirixiranse ás aulas dos seus fillos para ser atendidos polo/a titor/a do seu grupo.

Ó final, todos poderán visitar libremente o centro.

Nestes días farémoslles chegar unha circular informativa sobre a devandita xornada.

Tamén se informará sobre o programa Ponte a Punto, que se impartirá polas tardes por monitores do Concello, co fin de reforzar o estudo.