Skip to Content

Normalización e dinamización Lingüística

LETRAS GALEGAS 2023

 

  O 17 de maio conmemórase o día das Letras Galegas, este ano o autor homenaxeado é un mariñao coma nós, veciño de Lourenzá,  Francisco Fernández del Riego. Autor dunha extensa obra, a súa sinatura está presente en máis de 150 monografías. Traballou como prologuista, editor literario ou tradutor en case un cento de títulos e asinou máis de 4.000 colaboracións en publicacións periódicas. Creador da Editorial Galaxia, director da revista Santo Grial e presidente da Real Academia Galega.

 A través destes enlaces do Seminario Galán adentrarémonos na vida e obra de Fernández del Riego:

VÍDEO BIOGRÁFICO

QUE SABES DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO?

A XOGAR!!!

A RULETA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O RODICIO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Actividades para imprimir:    4º EI , 5º EI e 6ºEI .

 Faremos unha pequena introdución aos xoguetes tradicionais a través das obras de José Manuel García Fernández e Xosé López González, prologadas dúas delas por Francisco Fernández del Riego. Con motivo das Letras, no museo O recuncho das argalladas, no mosteiro de Vilanova de Lourenzá, dos que estes dous estudosos son promotores, inauguraron no mes de abril unha exposición que leva por título Don Paco, o pícaro argalleiro e na que se recolle, previo estudio da obra do homenaxeado, os xogos e xoguetes da súa infancia.

 

 

  Os avós e avoas tamén serán protagonistas ensinándonos xogos tradicionais ao longo destes días.

 A través da asociación Bágoas da Terra coñeceremos as diferentes partes do traxe tradicional. Presentarán unha carpeta con recortables da indumentaria tradicional, ilustrado por Mariña Gueimunde.

 E como non podía faltar a música, o grupo Illa Pancha amenizará unha pequena xuntanza cuns convidados moi especiais, os avós e as avoas. Os nenos/as desfrutarán do traxe galego, da música da nosa terra e da compaña dos máis maiores da familia.

 E así aprendimos e así de ben nolo pasamos... Avós e avoas grazas por compartir o voso tempo con nós...

 

ROSALÍA E A NOSA LINGUA

 Conmemoramos conxuntamente, un ano máis, o Día da lingua materna(21 de febreiro) e o Día de Rosalía(23 de febreiro). Promovendo deste xeito o plurilingüismo e a diversidade cultural e coñecendo máis de preto á nosa galega universal, Rosalía de Castro. O galego como lingua materna nosa e de Rosalía.

  Se queredes coñecela mellor pinchade:

ROSALÍA DE CASTRO. BIOGRAFÍA

QUE SABES DE ROSALÍA DE CASTRO?

UNIDADE DIDÁCTICA EI: DÍA DE ROSALÍA

Mirade que canción máis bonita cantada por Uxía Senlle, Rosalía pequeniña, na que nos retrata a unha grande  muller, a verdadeira Rosalía...

Escoita tamén o rap Sempre Rosalía, do músico e mestre Iván Vale para esta conmemoración.

 

Mirade cantas palabras en galego xurdiron a partir de diferentes imaxes, non só enriquecimos o noso vocabulario senón tamén nos aproximamos un pouco máis a Rosalía...

ENTERRO DA SARDIÑA 2023

 Este ano celebraremos o noso tradicional Enterro da sardiña, a festa popular da nosa localidade coa que remata o Entroido. O 24 de febreiro, pasearemos a nosa sardiña polas rúas de Viveiro cantando todos e todas...  Andamos argallando unhas sardiñas con cds super orixinais para que destaquen sobre a nosa vestimenta branca. Deixamos un vídeo para lembrar a canción e o texto da mesma para descargar.

 

 Aínda que a auga e o frío non nos deixou pasear a sardiña polas rúas de Viveiro celebramos o noso enterro no cole... Mirade que coroas máis bonitas fixemos reutilizando cds e como cantamos unha das cacións máis populares da nosa vila...

TEMPO DE ENTROIDO

 E ímonos preparando para o Entroido, esta festa popular, que vivimos tan de preto e que esperamos con moitas ganas.  Participamos estes días nun obradoiro de máscaras do entroido tradicional galego e confecionaremos, ademáis, o noso disfrace de moitas cores. E por suposto, cantando e bailando, animaremos a nosa festa.

 

 

NON PARE A FESTA 

 

  Tamén cos Bolechas podemos aprender dunha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa. 

OS BOLECHAS: ENTROIDO.

 Deixámosvos tamén uns xogos interactivos para cada nivel:

4º EI: ATOPA A PARELLA     ENTROIDO, SI OU NON?    ATOPA A PARELLA: PANTALLA, ...

 

5º EI: ATOPA A PARELLA: PANTALLA...    ENTROIDO, SI OU NON?     EMPARELLA 

ATOPA A  PARELLA 

6º EI: ATOPA A PARELLA: PANTALLA...   ENTROIDO, SI OU NON?   AFORCADO DO ENTROIDO    CRUCIGRAMA DO ENTROIDO     EMPARELLA!!!    ATOPA A PARELLA

 

 Neste vídeo poderedes ver como preparamos os nosos disfraces e como nos disfrazamos... Grazas familias, por formar parte deste Entroido galego...

TENDAL DA PAZ

TENDAL POLA PAZ, compartindo entre as familias mensaxes pola paz e a convivencia despois de facer nas aulas unhas fermosas pombiñas, simbolo da paz en todo o mundo, reciclando  muestrarios de papeis pintados.

 

Tamén participamos na CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ convocada polo CEP Lois Tobío xunto coas nosas amigas e amigos do pasado.

CASTAÑAS POLO MAGOSTO, PEÓNS AO CAMIÑO POLO SAN MARTIÑO

 A vindeira semana celebraremos O Magosto, a festa tradicional arredor da castaña. Ao longo da mesma realizaremos diferentes xogos nos recunchos, no patio, obradoiros e unha manualidade que terá como protagonista ao froito do castiñeiro e que levaremos a casa. Aprenderemos cancións e teremos xogos intectivos para aprender un pouco máis da estación do outono e desta festa popular.

- CANCIÓNS:

O OUTONO(Uxía Lambona)

NO OUTONO(Iván Vale)

TRES CASTAÑAS POLO CHAN(Susa Herrera)

COMO O TROMPO(Os ourensóns)

A BUXAINA BRINCADEIRA(Cantareliñas)

- XOGOS INTERACTIVOS:

EMPARELLA OS FROITOS

ATOPA AS PALABRAS

MEMORIA IMAXE-PALABRA

AFORCADO

MEMORIA IMAXES

EMPARELLAMOS O OUTONO

AS CATRO ESTACIÓNS

AS EMOCIÓNS DA CASTAÑA

DÍA DO PEÓN

UNE CON FRECHAS

ARRASTRA CADA NOME ATA A FOTO

CASTAÑAS MUSICAIS

 Degustaremos o xoves 17 dunha meranda compartida en cada aula que aportarán as familias... Castañas asadas, castañas, cocidas, doce de castañas, biscoito ou torta de mazá o calquera outra sobremesa caseira propia do outono.  Aproveitaremos esta celebración para xogar con peóns feitos con material de refugallo baixo o lema POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO(11 de novembro). 

Mirade como aprendimos xogando e gozando deste Magosto 2022...

MAIOS 2022

 No mes de maio, nos mes das flores, o Maio percorrerá as rúas de Viveiro... Que bonito lembrar de novo anos pasados e volver a encher as rúas de Viveiro co noso xa tradicional Maio! Os nenos/as de varios centros educativos sairán de novo á rúa, unha proposta do Concello, coa canción tradicional desta festa, na nosa localidade, e outra que imos engadindo ao noso repertorio. Para lembrar e para aprender mira os seguintes vídeos, tamén podes descargar o texto das dúas cancións...

 Tamén temos unha bonita canción musicada por Nacho Hermida e cantada polos nenos/as do CEIP Julio Gurriarán, baseada nun poema de Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Aí vén o Maio, incluído no seu libro Bebedeira.

 

OUTROS ARQUIVOS COA CANCIÓN AÍ VÉN O MAIO:

NACHO HERMIDA E NENOS/AS

NACHO HERMIDA

Mirade  que  lucido quedou o noso Maio...

 

 Que ben o pasamos na celebración dos Maios! Participamos nesta  actividade organizada de forma conxunta polo Concello e a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro... E non podemos esquecernos do bonitas e xeitosas quedaron as nosas chapas...

LETRAS GALEGAS 2022

 

 Para conmemorar o 17 de maio, o día das Letras Galegas, querémosvos dar a coñecer ao autor  homenaxeado este ano, Florencio Manuel Delgado Gurriarán,  escritor valdeorrés. Avogado e poeta cunha vida chea de atrancos pero tamén de amor pola lingua e cultura galega. A través destes enlaces descubrirás a vida e a o obra deste ourensán.

BIOGRAFÍA FLORENCIO DELGADO

VÍDEO BIOGRAFÍA

AS AVENTURAS DE FLORENCIO

OBRAS

ESCOLMA DE TEXTOS

 

O ROSCO DE FLORENCIO

 

Tamén podedes acceder ao SEMINARIO GALÁN onde atoparedes material de moi diferentes tipos e para os tres niveis...

4º EI

5º EI

6º EI

 Este ano a proposta que facemos desde o EDLG é facer uns primáticos que nos permitan viaxar no tempo para coñecer a vida e a obra de Florencio. Se clicas no seguinte enlace PRIMAVERA DAS LETRAS tes un modelo e ademáis podes facer outras actividades(conto, encrucillado,  sopa de letras...).

 Para conmemorar este día do mes de maio, a nosa lingua, as nosas tradicións, a nosa cultura...  deixámosvos tamén unha preciosa canción,  Pousa, de Uxía Lambona e a Banda Molona, onde nos aproxima ao noso folclore, ao noso baile tradicional, como fixo Florencio nas súas obras, nos seus poemas...

 Desde o noso Concello xurde, ademáis, unha bonita proposta para o Día das Letras a de engadir unha prenda ou complemento do noso traxe tradicional á nosa vestimenta habitual ou algún instrumento tradicional galego.

 Para que coñezades algo máis sobre o noso traxe e os nosos instrumentos premede no seguinte enlace:

O TRAXE TRADICIONAL

INSTRUMENTOS

E así foi como na semana do 9 ao 13 de maio nos achegamos á vida e á obra de Florencio Delgado e como nos adentramos no mundo do traxe e dos instrumentos tradicionais da nosa terra...

 LETRAS GALEGAS 2022(EEI San Roque)

 

 

ENTERRO DA SARDIÑA 2022

 Este ano recuperaremos o noso tradicional Enterro da sardiña, a festa popular da nosa localidade coa que remata o Entroido. En función do tempo, o 4 de marzo, pasearemos a nosa sardiña polo noso patio e polas rúas de Viveiro cantando todos e todas...  Andamos argallando unha sardiña con oveiras super orixinal para levar neste día colgada do noso pescozo, xunto coa nosa vestimenta branca. Deixamos un vídeo para lembrar a canción e o texto da mesma para descargar.

 E aínda que a chuvia non nos permitiu pasear a nosa sardiña polas rúas de Viveiro, fixemos a nosa propia versión do Enterro no patio... 

 

UN ENTROIDO DE SUPERHEROES

 Como xa saberedes  a finais deste mes de febreiro comeza o Entroido, esta festa popular, que vivimos tan de preto e que esperamos con moitas ganas. Cantando e bailando, animaremos a nosa festa, unhas capas de cores polas emocións, a inclusión, a igualdade, por un mundo sostible e unha boa alimentación. Así di a canción que armou unha das nosas mestras, Rocío, para pasalo en grande nestas datas. Podedes descargar a letra da mesma nos documentos adxuntos...

 E así de ben o pasamos facendo o noso disfraz de superheroe e superheroína e desfilando polas rúas de Viveiro, sentímonos un pouco máis libres...

Distribuir contido


by Dr. Radut