Un ano máis uniremos as conmemoraciós do Día da lingua materna(21 de febreiro) e o Día de Rosalía(23 de febreiro). Promovendo o plurilingüismo e a diversidade cultural e coñecendo a vida e obra da nosa galega universal, Rosalía de Castro... O galego como lingua materna nosa e de Rosalía.
Traballaremos sobre os versos do poema Parece unha rosa. Lembrade que tedes o texto deste poema nos documentos adxuntos. E animádevos a facer a vosa rosa con diferentes técnicas plásticas.
Escoita tamén o rap Sempre Rosalía, do músico e mestre Iván Vale para esta conmemoración.
Que bonitas quedaron as nosas rosas e o poema de Rosalía Parece unha rosa recitado por tódolos nenos e nenas do cole. Mirade, mirade...
Xa está próximo o Nadal e queremos facer varias propostas para celebralo... Música para cantar e bailar nestas datas tan especias, xogos interactivos e cartas para escribirlles ao Apalpador, a Papá Noel e aos Reis Magos. Esperamos que vos gusten e os nosos mellores desexos para o novo ano que comeza...
Esta semana celebraremos O Magosto, aínda que de xeito diferente, a nivel de aula, un ano máis, pero sen deixar de esquecer esta festa tradicional arredor da castaña. Aprenderemos esta canción baseada nunha melodía popular, A CASTAÑA SI, A CASTAÑA NON, no arquivo que adxuntamos.
Realizaremos ao longo da semana xogos nos recunchos e na ludoteca relacionados coa castaña e con outros froitos do outono... Degustaremos o venres as castañas na merenda ou outras sobremesas de outono e levaremos a casa unha manualidade feita cunha castaña. Aproveitaremos esta celebración para xogar con peóns feitos con material de refugallo baixo o lema POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO.
Podedes gozar tamén xogando a estes xogos interactivos que xiran arredor da castañas e dos peóns:
No mes de maio, no mes das flores, ven o maio pola calle de abaixo... Para conmemorar esta festa tradicional de Viveiro, este vídeo lembrando moitos momentos vividos no cole nesta celebración da primavera. Aínda que este ano non poderemos ir pola calle de abaixo, vestirémonos e o celebraremos no cole dun xeito especial. Adxuntamos o texto da canción dos Maios para que podades aprendela ou para recordala no cole ou coa vosa familia.
Decoramos as fiestras do noso patio con motivos dos maios: flores, sombreiros...
Todos e todas vestidos dos maios bailamos e pintamos flores no patio de recreo.
Para conmemorar o 17 de maio, o día das Letras Galegas, querémosvos dar a coñecer á autora homenaxeada este ano, Xela Arias Castaño. Unhas biografías que permitirán que coñezades máis de preto, á poeta rompedora e á muller comprometida, e unhas actividades interactivas que vos achegarán á vida e obra desta escritora, editora, tradutora e profesora galega.
Outros recursos de interese(marcapáxinas, díptico, carteis, álbum de imaxes, obras...): SEMINARIO GALÁN
Para conmemorar este día do mes de maio, a nosa lingua, as nosas tradicións, a nosa cultura... vos deixamos tamén unha preciosa canción, O meu país, de Magín Blanco e Uxía Senlle:
OLLADAS E RISOS
As nenas e nenos de 5 anos realizamos un video, no cal contamos a historia dunha nena chamada Xela. Este conto foi escrito por un ex alumno da nosa escola, que hoxe xa ten 12 anos e que no lo enviou.
Nós realizamos unha montaxe cos debuxos de todas as nenas e nenos.
Os nosos nenos e nenas realizaron caroutas e retratos personalizados de Xela Arias,deixando libre a súa creatividade e imaxinación.
Tamén realizamos fichas sobre a escritora.
MURAL DE XELA ARIAS CASTAÑO
Os nenos e nenas de cada aula realizaron un gran quebracabezas sobre Xela Arias. O alumnado se tres anos presentando á escritora, os de catro anos sobre as profesións e lugares onde viviu e traballou e os de cinco anos sobre os libros da autora e as súas traducións.
Posteriormente xuntamos tódolos quebracabezas, xunto a outro quebracabezas con retratos da escritora, formando un mural xigante.
Finalmente, o alumnado de 4 anos realizou caroutas lembrando a Rosalia de Castro por ser a escritora homenaxeada nas Letras Galegas de 1963, no centenario da primeira edición de Cantares Gallegos.
Neste día tan especial adicado ao lbro, todas as nenas e nenos do San Roque disfrutamos coa escritora Estefanía Padulles, que nos relatou un dos seus contos titulado A manchas ou a raias?, a través dunha videoconferencia.
Día do libro infantil e xuvenil (2 de abril): en colaboración ca equipa da biblioteca disfrutamos cunha función de monicreques realizada polo profesorado e titulada “Érase dúas veces carapuchiña“.
Disfrutamos un montón con este conto. Se queredes volver a velo podedes pinchar no seguinte enlace:
En colaboración ca equipa de biblioteca realizamos varias montaxes con videos enviados polas familias, nol cales o alumnado xunto coa súa familia recitou un poema acompañado cun debuxo significativo do mesmo.
Podedes disfrutar deles a través dos seguintes enlaces:
As nenas e nenos da escola decoraron os corredores da nosa escola con diferentes obras plásticas sobre o poema "O arco da vella" de Manuel María e sobre catro poemas de Elvira Ribeiro Tobío "O tesouro", "A nena pirata", "O mar calmo" e "Mil flores".
No Día da muller, 8 de marzo, pensando en galego. Dun poema da profe Rocío, unha canción... Para que os nenos e as nenas medren na igualdade e no respecto.
A letra da canción pódedela imprimir ou descargar no documento que se adxunta...
MULLER
MULLER NO MAR,
NAS ONDAS DA VIDA
IMAXINA O TEU MUNDO,
O SOL TE ILUMINA.
NARANA, NARANA,
NARANANANANA.
MULLER NA TERRA,
NOS SURCOS QUE LABRAS
ILUMINA O TEU MUNDO,
A LÚA TE ABRAZA.
NARANA, …
MULLER NO AIRE,
NO VENTO CAMIÑAS
SOÑANDO O TEU MUNDO,
A ESTRELA TE GUÍA.
NARANA, …
Rocío Fernández Novo,
para o 8 de marzo Día da Muller
Neste vídeo queremos amosar as actividades realizadas polos nenos/as a nivel de centro no Día da muller...