Skip to Content

ENTERRO DA SARDIÑA 2022

 Este ano recuperaremos o noso tradicional Enterro da sardiña, a festa popular da nosa localidade coa que remata o Entroido. En función do tempo, o 4 de marzo, pasearemos a nosa sardiña polo noso patio e polas rúas de Viveiro cantando todos e todas...  Andamos argallando unha sardiña con oveiras super orixinal para levar neste día colgada do noso pescozo, xunto coa nosa vestimenta branca. Deixamos un vídeo para lembrar a canción e o texto da mesma para descargar.

 E aínda que a chuvia non nos permitiu pasear a nosa sardiña polas rúas de Viveiro, fixemos a nosa propia versión do Enterro no patio... 

 

AdxuntoTamaño
Enterro da sardiña.pdf151.91 KB


page | by Dr. Radut