Curso 2015-16

Torneo de tenis CPI Cernadas de Castro 2016

O próximo venres 29 de abril comezará o Torneo de Tenis CPI Cernadas de Castro 2016, que terá lugar na pista exterior do centro.

Haberá dúas modalidades, individual e dobres. Estará aberto para todo o alumnado de ESO.

Os delegados e delegadas dos distintos grupos dispoñen xa das follas de inscrición. De todos os xeitos, deixamos como adxuntos copias das dúas follas por se fora necesario.

O cadro de participantes e os resultados iranse actualizando semanalmente nesta páxina web.

Distribuir contido