[Actividade recente]

Título Tipoarranxar por icona Nome Data de envio
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Album Anónimo 24/11/2023 - 14:39
#Reto Camaleón Album jteira 08/04/2021 - 17:55
Día da nena Album jteira 03/12/2021 - 12:35
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Album jteira 24/11/2021 - 21:23
CONCURSO DE CABAZAS_SAMAÍN 2023 Album Anónimo 12/11/2023 - 22:06
Visita ao Museo Luis Iglesias Album jteira 28/01/2022 - 14:40
CROS DE NOIA, 5 decembro 2023 Album gedepevi 16/12/2023 - 22:36
Viaxe á praza de abastos Album jteira 29/11/2021 - 23:04

6ºB

Concurso de banda deseñada para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nun concurso de banda deseñada, presentando as súas creacións máis orixinais e divertidas. Velaquí as fotos dos gañadores.

 

Concurso de poesía para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nun concurso de poesía, presentando as súas creacións máis fermosas e orixinais. Velaquí as fotos dos gañadores.

Libropoly, un (ambicioso) reto literario para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

Durante este curso, ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria propúxoselle un itinerario lector cun formato lúdico: o Libropoly. O reto consiste en ler e realizar fichas de lectura (e, voluntariamente, tamén vídeo-reseñas) de vinte libros previamente seleccionados e expostos nun gran taboleiro que emula o clásico taboleiro do xogo Monopoly.

Apadriñamentos e amadriñamentos de lectura

Os alumnos e alumnas dos cursos superiores de Educación Primaria apadriñaron e amadriñaron ao alumnado de Educación Infantil, xuntándose mensualmente nun recreo para desfrutar de momentos de lectura tan entrañables coma os que podedes ver nas imaxes a continuación.

Lectura de Don Quijote de la Mancha

Para celebrar o día do libro o alumnado de 6º e 6º fixeron unha lectura dunha versión adaptada de Don Quijote de la Mancha.

 

Economía circular

Aproveitando que o día da Terra é o 5 de xuño o alumnado de 6º recibiu unha charla sobre economía circular; aprendendo o que significa ese termo e a importancia de realizar un consumo responsable.

Día da Muller

O 8 de marzo o alumnado de 6º curso realizou un mural colaborativo para celebrar o día da Muller.

 

Saída a Naturmaz

Día de convivencia en Naturmaz onde todo o alumnado participou nas distintas actividades ofertadas. Realizaron actividades como: tiro con arco, escalada, busca do tesouro... 

Para poder realizar algunha das actividades era necesario o traballo en equipo, para así conseguir o obxectivo marcado.

 

Distribuir contido