1ºA |
Seguimos co Proxecto dos medios de transporte, esta vez fixemos un experimento moi sinxelo.Cunha botella de auga e un bombín propulsamos unha nave espacial. Aos nenos e nenas de 1`A e 1`B este experimento encantoulles. |
|||
Outro experimento sinxelo que fixemos relacionado cos medios de transporte foron os submarinos. Cunha botella de plástico branda, unha "tuerca", e uns globos de auga elaboramos os nosos mini submarinos. Se apretamos a parte de abaixo da botella de plástico o submarino baixa ao fondo, se soltamos sube! |
|||
Na clase de 1ºA estamos iniciándomos no traballo cooperativo. Coa dinámica do grupo nominal, entre os diferentes grupos base propuxeron as normas que querían para a convivencia diaria. Logo todas foron aportadas na pizarra e por grupos tiveron que votalas. As normas que guiaron a nosa aula durante este trimestre foron: |
|||
Seguimos co proxecto dos medios de transporte, esta vez relacionado coa aviación. Despois de facer moitas tarefas realcionadas fixemos un pequeno xogo-exprerimento. Estivemos a construír o noso propio avión. O de cada neno e nena era diferente. Logo os lanzamos a vez. Uns voaron moito preto de 5 metros e outros entre un metro e dous |
|||
Os nenos e nenas de 1ºA estivemos durante todo o segundo trimestre a xogar cos dobres e as metades para iniciarnos na multiplicación e a división. |
|||
O alumnado da ESO estiveron facendo un fantástico traballo sobre os mapas de todo tipo, os nenos e nenas de 1ºA participamos na exposión guiada polo propio alumnado de secundaria. |
|||
Gracias a colaboración co equipo de Educación Infantil unha nai veu a primeiro de Primaria a darnos unha charla tanto teórica como práctica sobre a hixiene dos nosos dentes. Ademáis de aprender moito os nenos e nenas recibiron un agasallo (bolsa, cepillo de dentes, pasta e flúor).
|
|||
Unha compañeira da nosa clase, Lena trouxo un para de parrulos. Estiveron convivendo cos nenos e nenas de 1ºA durante toda a mañá. Estudiamos o seu comportamento, o que comen, as súas plumas, o que beben, que nacen por ovos... Ademáis de todos iso, tivemos que estar caladiños porque os parrulos durmiron varias veces e non queríamos despertalos. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »