[Actividade recente]

Títuloarranxar por icona Tipo Nome Data de envio
I FEIRA TRADICIONAL NO CPI CERNADAS DE CASTRO Páxina Anónimo 31/05/2016 - 00:16
Librería “Contos” Páxina Anónimo 16/05/2016 - 22:18
O GALEGO E O MAR Páxina Anónimo 30/04/2015 - 14:15
PRESENTACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA ALECRÍN Historias pipaca 14/04/2016 - 13:49
primaria Historias Anónimo 13/01/2009 - 18:57
RECOMENDACIÓNS E NORMAS DE EDUCACIÓN INFANTIL Páxina Anónimo 12/01/2009 - 13:39
Traballamos en equipo Imaxe ana.balsa 08/04/2018 - 10:18
Visita á exposición "Paisaxes e Personaxes" na casa da cultura de Lousame. Historias Anónimo 12/10/2018 - 18:11

CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES EN USO

MULLERES EMPRENDEDORAS DO RURAL

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CPI Plurilingüe Cernadas de Castro súmase, un curso máis, á loita contra a violencia de xénero. Baixo o lema #Eu quero que..... toda a comunidade educativa expresou o seu desexo de igualdade e respeto entre homes e mulleres.

Preme na imaxe para ver o álbum.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Eu Quero

RECOLLIDA DE PRODUTOS DE ASEO E DE LIMPEZA

DÍA DO PEÓN

Este xoves 16 de novembro celebramos  o XVII Día do Peón, da  man da asociación Brinquedia e da implicación do Concello de Lousame. No campo da festa do San Roquiño  ao grito de “polo San Martiño, todos e todas fixemos xirar os peóns e bailaretes, agasallo do Concello a todos os presentes.

Acompañando a  actividade demos conta dunhas boas castañas asadas para celebrar así o tradicional Magosto . Poidemos desfrutar tamén dunha  exhibición de lanzamento da trompa, xogo moi practicado en Muros ata o ano 1927 e do que se di que entrou na vila aló polo 1700. A trompa é un modelo rudimentario de trompo, de maiores dimensións, que se fai xirar a base de atizarlle cunha zorrega ou látego. O xogo era facela bailar e desprazala ata unha marca establecida sen que deixe de xirar.

E como non podía ser doutro xeito non podía faltar a música nin o baile, o grupo O Son do Pote foi o encargado de  que desfrutasemos ao son da pandeireta, gaita,…Para rematar, Xosé Manuel Barreiro, presidente de Brinquedia, convidou a todos, e especialmente á rapazada, a continuar botando a bailar os peóns ata o San Amaro, momento no que os trompos van ao faiado.

Premendo na  seguinte foto pódese ver  varios momentos da actividade.

 

CONCURSO DE CABAZAS_SAMAÍN 2023

Como non podía ser doutro xeito, non faltou o noso tradicional concurso de cabazas neste Samaín 2023. Noraboa a Unai, Mateo, Xoel, Pablo e Manuel por ser os gañadores desta edición!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Concurso de Cabazas

SAMAÍN 2023

Menudo Samaín máis terrorífico o deste ano! Os corredores enchéronse de  bruxas,  vampiros,  esqueletos,...ao redor do castelo e do cemiterio cheo de tumbas.

GAÑADORES NO CONCURSO DECORACIÓN DE PORTAS

 

A III edición do concurso  "Decoración de Portas Terroríficas Samaín 2023" organizado polo centro Amicos trouxo consigo que o noso centro fose o gañador, concretamente coa porta da aula do alumnado de 1º de Primaria

PARABÉNS a estes  pequen@s artistas  e á súa mestra, Ana, pola súa creatividade e bo facer e o noso agradecemento a  tod@s os que nos deron o seu voto.

 

 

Distribuir contido