[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20

Que obxectivos persegue a Educación Primaria?

    A educación primaria contribuirá a desenvolver nos nenos e nenas as capacidades que lles permitan:

  • Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.

  • Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade no estudio|estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.

  • Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.

  • Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con minusvalidez.

  • Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega, a lingua castelá e, e desenvolver hábitos de lectura.

  • Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás.

  • Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser capaces de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá.

  • Coñecer e valorar o seu ámbito natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e coidado deste, con especial atención á singularidade de Galicia. Coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galegas.

  • Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e a comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.

  • Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais.

  • Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

  • Coñecer e valorar a flora e a fauna, en especial a presente na Comunidade Autónoma de Galicia, e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.

  • Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.

  • Fomentar a educación vial e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.