Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertado no curso 2021/22, (Código ED330E)
Beneficiarios:
- Alumnos que fosen beneficiarios da axuda para adquirir material escolar (50€) neste curso 2021-22.
- Que non fosen beneficiarios da axuda por diferentes circunstancias, pero:
- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior 6.000€
- Este matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual o superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
Procedemento:
- Os beneficiarios do punto 1, non teñen que presentar solicitude algunha
- O alumnado recollido no punto 2, deberá presentar a seguinte documentación do procedemento ED330E, na secretaría do centro.
Documentación:
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
- Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado de volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Prazos:
- Para presentar as solicitudes: dende o 15 de novembro ao 26 de novembro de 2021 (inclusive)
Horario entrega solicitudes:
Impresos:
· ANEXO I e ANEXO II