[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de establecer  as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

A que persoas vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola Consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro.

En que consiste a axuda?

O  prezo máximo das axudas é de  2,50 €/día  no casos de usuarios de gratuidade total e de 1,50 €/día  nos casos dos que teñen a obriga de satisfacer un euro pola prestación do servizo.

Compensaranse  os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

Como se vai aboar a axuda ás familias?

En dous pagamentos.

1º pagamento: referido ao período de marzo e de abril ata Semana Santa (3 de abril)

2º pagamento: no caso de prorrogarse unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

 

 

Como presentar a solicitude?

 

As solicitudes terán que ser presentadas por medios electrónicos. Para iso, poderán facelo de dúas maneiras:

1.Poderán presentalo as familias a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , para o cal deberán de dispoñer de certificado dixital ou Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)        

ou

2. Escribir un correo electrónico ao enderezo cpi.cernadas.castro@edu.xunta.es indicando:

Nome da nai ou do pai

DNI ou NIE da nai ou do pai

Nome do alumno ou alumna

Número da conta bancaria (no que desexa que lle fagan o ingreso)

 

No Asunto da mensaxe deberán poñer Axudas comedor. A dirección do centro encargarase de tramitar as solicitudes cos datos que figuren neses correos. 

Prazo para solicitala?

O  prazo para solicitar estas axudas é  dunha semana, dende mañá martes 31 de marzo ata e o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

Publicítase a resolución das familias beneficiadas?

NON, porque son datos de especial  vulnerabilidade, de conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional non exixirá publicar na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

As familias saberán se a súa solicitude foi admitida cando lle sexa aboada a axuda na súa conta bancaria.

            Canto tempo tarda en resolverse a resolución?

10 días dende que remate o prazo de presentación de solicitudes.

            Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en realizar o aboamento?

            5 días dende que saía a resolución.

 

            A dirección do CPI Plurlingüe Cernadas de Castro