Un galego no comite da UNESCO que decide as contribucións ós bens inmateriais da Humanidade
Xornal de Galicia nos informa que o gaiteiro galego Pablo Carpintero foi seleccionado para formar parte do comité de 12 membros que decide a concesión da categoría de Ben Inmaterial da Humanidade, na UNESCO.
Pablo Carpintero forma parte do proxecto RONSEL, que dende hai anos adícanse á recuperación, difusión e estudo dos instrumentos, xoguetes e outros enredos tradicionais galegos.
Na nosa biblioteca tes os dous libros que Pablo Carpinteiro ten publicados sobre a temática dos instrumentos tradicionais galegos. É unha lectura moi interesante que che recomendamos.
Nos seguintes enlaces podes ler a noticia no xornal e/ou visionar o canal en Youtube do proxecto Ronsel, con algúns videos moi entretidos de enredos e instrumentos moi sinxelos de fabricar.
<><><> |